luns. 12.01.2026
El tiempo

3ª FUTGAL: O Cee acabou coa imbatibilidade do Coristanco

O UC Cee tras vencer na Rocheira
O UC Cee tras vencer na Rocheira
3ª FUTGAL: O Cee acabou coa imbatibilidade do Coristanco

Comezou o ano coa primeira derrota do Coristanco en Liga, apretando ademais ao máximo o alto da táboa. O Cee, que leva unha serie de 7 vitorias e unha derrota nos 8 últimos partidos, conseguiu acabar coa imbatibilidade do aínda líder, e achegarse a so 5 puntos de distancia. Máis preto, a só 1, se coloca o Oza que non fallou ante un Buo que non dá arrincado.

Con todo, ademais desa loita que se abre polo ascenso directo co Cee, a pelexa polas 5º e 6º praza de promoción está máis que fermosa. Entre o 5º e o 13º hai 13 equipos en apenas 2 partidos de distancia. De feito, o Laxe, que tardara 7 xornadas en conseguir a primeira vitoria, colócase xa a 5 puntos da fase, con Seaia, que non era quen de vencer ao Muxía B; Pereiriña, que caía co Baíñas, e Volantes, que si vencía ao Nantón, con algo de vantaxe sobre o resto.

Camelle - Lira (1-0)

  • Camelle: Pirata; Martín, David, Ruso, Chans, Fabián (Moha), Josiño, Gaby (Marcotiño), Lucas P, Miguel (Raiku) e Dido.
11 do CF Lira no Rodeiro
11 do CF Lira no Rodeiro
  • Lira: Raúl, Alexandre, Christian, Lude, Carlos, Ramón, Javi Freire, Iago Formoso, Iván París, Miguel e Alexander. Tamén: Adrián Brea, Cristian, Hugo, Xavi e Gael.
  • Gol: 1-0, m.60: Dido aproveita un balón que se lle escapa a Raúl.

Partido típico do Rodeiro, con moita chuvia, vento e o campo completamente enlamado. Comezaba o choque co vento a favor dos de Óscar Leis, que apretaba ben arriba e obrigando tendo ao Camelle a sacar en longo como podían, pero sen grandes ocasións, mais alá de algunha falta de Alexander.

Na segunda, o aire soplaba a favor dos de Sergio, que souberon aproveitar a que tiveron. Foi ao cuarto de hora cando un centro raso, chapa Raúl pero se lle escapa e Dido mete a punteira e dá balón e luva subindo o primeiro tanto ao marcador.

Quedaba moito e o Lira foise estirando, deixando algún oco atrás, tendo que aparecer Raúl para salvar dous centros de Lucas ou unha internada de Dido. Si que no último cuarto de hora o Lira tivo ata 3 ocasións claras: unha falta de Alexander, un remate de Iván dentro da área e un córner con barullo.

Laxe - Inter (4-1)

  • Laxe: Jacobo, Darío Mira, Pablo Barreiro, Leo, Izan, Aarón, Bieito, Djamel, Cundíns, Eloy e Santi Casás. Tamén: Roi Toja, David Gándara, Pedro, Ramoelson e Martín Andrea.
  • Inter: Ema, Diego, Bicho, Chritian, Alex Castro, Javichu, Santi Agulleiro, Fabián, Leo, Jose e Torices. Tamén: Rubén, Mamadou, Kevin e Ricardo.
  • li>Goles: 1-0, m.12: Djamel de penalti; 2-0, m.13: Cundíns; 3-0, m.40: Cundíns; 3-1, m.46: Mamadou; 4-1, m.52: Eloy.

Está de doce este Laxe rexuvenecido coa volta da xente da casa da man de Manu Saleta. E sufriuno o Inter de Brens, que comprobou que a eliminación do Baio a mans do cadro laxeiro non foi casualidade. Os de Saleta dominaro en todo momento, marcaron dous gles seguidos ante a pasividade dos ceenses, e sentenciaron antes do descanso. O gol de Mamadou á volta dos vestiarios non inquedou a vitoria e pronto Eloy puxo as cousas no seu sitio.

Volantes - Nantón (2-1)

  • Volantes: Fabián; Nuñez, Manuel, Marcos, Miguel; Javi, Rulo, Senandez; Aaron, Joni, Manuel Mayu. Tamén: Edu, Rober, Alexis, Hugo e Joseja.
  • Nantón: Álvaro, Alex López, Adri Abelenda, Fran Torres, Fariña, Xoel, Dany Añón, Dani Andrade, Aarón, Dani Castro e Jorge.Tamén: Carlos Amado.
  • Goles: 1-0, m.8: Manuel; 2-0, m.15: Manuel; 2-1 m.62: Fariña.
Capis do Volantes e Nanton coa colexiada Paula Gonzalez POmbo
Capis do Volantes e Nanton coa colexiada Paula Gonzalez POmbo

Chegaban moi mermados os cabaneses a Muros para enfrontarse a un Volantes que fixo unha moi boa primeira metade, saíndo dende atrás con criterio, presionando ben arriba e con acerto cara a meta rival. De feito, as dúas primeiras chegadas dos amarelos e negros acabaron en gol, cos tantos de Manuel.

Na segunda, os de Adrián Varela foise repoñendo, pero só foron capaces de recortar distancias nun córner cun bo remate de cabeza de David Fariña. Instantentes despois quedaban con 10 por unha doble amonestación a Aarón. Non inquedaba demasiado pero os de Ramiro Bao e Ubaldo Ponte non eran quen de sentenciar á contra, e ata o final o choque estivo aberto.

Volantes tras vencer
O Volantes tras vencer

Coristanco - Cee (3-4)

  • Coristanco: Villajos, Gabri Pena, Jonathan Fraga, Borja, Matteo, Jairo, Dani Casti, Iván Pastoriza, Kevin, Andy e Pablo Pose. Tamén: Roberto, Pablo Sabucedo, Lou, Jose Antonio, Dani Vázquez.
  • Cee: Jorge, César, ÁLex, Munitis, Dani Fontaíña, Carlos, Xián, Jose, Keko, Anxo e Jonathan, Tamén: Mannuel, Matteo, Julio, Juan Oreiro e Diouck.
  • Goles: 1-0, m.20: Dani Casti de penalti; 1-1, m.25: Anxo; 1-2, m.27: Anxo; 1-3, m.41: Keko; 2-3, m.60: Pablo Pose; 2-4, m.67: Keko; 3-4, m.81: Jontahan Fraga.

Partidazo intenso e fermoso entre dous dos mellores equipos da categoría. O Cee de Rafa comezou impoñendo un ritmo moi alto, apretando moi arriba e con moita intensidade. Era, porén o cadro de Adrián Lema o que se metía por diante, cun tanto dende os 11 metros tras unha falta sobre Iván Pastoriza. Eran bos minutos xa dos locais, pero de contado aparecía Anxo nunha contra para acadar o empate en boa xogada individual. Pouco despois, noutra xogada rápida Villajos salva o man a man de Keko pero no rexeite, Anxo píllao mal colocado e puxo ao Cee por diante. Tentouse estirar máis o Coristanco, cun par de bos achegamentos pero era Keko quen, despois de pelexar ata o final unha indecisión entre o porteiro e a defensa, poñía o 3-1 antes do descanso. Salvou Jorge ante Jairo o 3-2 antes do descanso.

Na segunda saíron ben os líderes ante un  Cee ben amardo atrás, avisando con varias ocasións e marcando por medio de Pablo Pose. Ainda así, volvía aparecer Jorge, e tras un saque rápido con Keko pillaba adiantados aos locais e definía por riba do porteiro para o 2-4.

Non desistiron os verdes, que se foron de novo para arriba. O partido estaba frenético, e Jonathan Fraga metía de novo no partido ao seu equipo a falta de 10 minutos. O Corostanco meteu ao Cee na súa área, salvando Jorge varias intervencións, ero o cadro de Rafa, que tamén puido sentenciar en sendas contras de Julio e Keko, soubo aguantar e sufrir ata o pitido final e levar 3 puntos que abren a liga.

Pereiriña - Baíñas (2-3)

  • Pereiriña: Xabi, Cartamil, Oca, Estebo, Calo, Adán, Pablo Trillo, Brais Lagoa, Gabrui, Maelo, Tito. Tamén: Maikel, Antonio, Oli, Víctor Aguilleiro e Bichiño.
11 do CD Baiñas
11 do CD Baiñas
  • Baíñas: Fabián, Fabichas, Rodri, Manu, Samu, Leo, Esteban, Fandi, Santi, Ruli e Carlos. Tamén: David, Marcos, Dani e Crisca.
  • Goles: 1-0, m.11: en propia; 1-1, m.27: Fandi de tiro forte; 1-2, m.44: Fandi dende fóra da área coa axuad do meta local; 2-2, m.60: Oli; 2-3, m.90: Ruli.

Partido vivo, marcado polo vento e a chuvia no San Paio de Refoxos, que comezaba cun gol para os ceenses na súa primeira chegada. O Baíñas avisara cun balón de Samu ao largueiro, e foi subindo liñas ata empatar á media hora. Antes do descanso repetía o propio Fandi para poñer o 1-2.

Comezaba a segunda metade co mesmo guión, e tras unha boa xogada o carnotán Oli non falla diante de Fabián para colocar o empate. Seguía o partido aberto, tendo mesmo o cadro de Julito un gol anulado por unha suposta man.

Cando todo parecía que esmorecía en empate, no minuto 90 apareceu Ruli para marcar o 2-3 definitivo (nunha xogada protestada polos locis por posible fóra de xogo), decidindo un partido moi disputado ata o último instante.

Buño - Oza (0-4)

  • Buño: Cristian, Hugo, Alan, Jorge Calvete, Andrés, Izan, Adrián pose, Brais Fraga, Sergo, Serguio Aguiar, e Jesús: Tamén: Lamas, Roberto Carlos, Facal e Dani.
11 do SD Oza
11 do SD Oza. Foto: SD
  • Oza: Samuel, Marcos Carro, Bolón, Nacho, Gestal, Miguel, David, Eloy, Hugo Fraga, Iago Lavandeira e Salah. Tamén: Juan Lagoa, Saad, Iker, Benja, Fernando.
  • Goles: 0-1, m.50: Nacho de penalti; 0-2, m.68: Lagoa de falta; 0-3, m.70: Nacho; 0-4, m.71: Salah.
Jorge Calve te e co colexiado Roberto Bana
Jorge Calvete e Nacho e co colexiado Roberto Bana

Comezaba o Oza mal, cun Buño que apretaba arriba e buscando cara a cara ao Oza, tendo boas ocasións. Apenas tivo o Oza un par de chegadas de Nacho.

Na segunda, nun despiste, os locais fixeron un penalti sobre Nacho, que abre o partido. E aí, con máis folgos, o Oza foi superior xogando e chegando.

Seaia - Muxía B (1-1)

  • Seaia: Anxo, David, Marcos, Alex Mato, Simón, Erik, NOel Vidal, Edu, Manu Castro, Rafa e Juni. Tamén: Isaac, Brais Villar, Borja, Iván e Martín Costa.
  • Muxía B: Miguel, Aitor, Martín, Julián, Adrián Baamil, Iván Sambad, Toja, Eloy Sambad, Javi Viele,a Furelos e Papin. Tamén: Damián, Prieto, Isma, Ziro e Kevin.
  • Goles: 1-0, m.46: Erik; 1-1m m.83: Adrián Baamil.

Partido igualado en Pedra Queimada cun filiall muxián que vai competindo mellor. O Seaia comezaba dominando ante un Muxía no que Congui tiña que facer xa un cambio pola lesión do porteiro Miguel. Tiña que colocarse baixo paus un xogador de campo como Isma. O cafro de Manu Cancela dominaba tendo varias ocasións, ata un penalti.

Na segunda, o partido comeza con dous erros, un da defensa local nun pase atrás que falla pero erra Toja, e outro do central muxián que deixa só a Erik para abrir o marcador. O filial non decaeu como noutras ocasións e se veu arriba. Si tiveron os locais varias para sentenciar á contra os malpicáns, pero o cadro muxián aguantouse no partido e un córner conseguían empatar.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios