luns. 19.01.2026
El tiempo

3ª FUTGAL: Coristanco e Oza escapan ao remate da primeira volta

O SD Oza celebrando a importante vitoria
O SD Oza celebrando a importante vitoria
3ª FUTGAL: Coristanco e Oza escapan ao remate da primeira volta

Está tola tamén esta 3ª. O O Cee, que viña de acabar coa imbatibilidade do Coristanco, caeu en casa ante o Seaia, e deixa escapar ao campión de inverno, o Coristanco (que venceu ao Cerqueda en Xaviña nunha vitoria chave para alonxalo da pelexa polo ascenso directo), como ao Oza, que se mantén tras golear ao Volantes, a só 1 punto.

Así, na nutrida loita pola promoción pegan un salto o Seaia e o Pereiriña, que vencía o derbi pola mínima ante o Inter de Brens. Sacan xa ambos 3 puntos ao Volantes, e 5 ao Baíñas, que non perdeu ante o Buño, e ao Laxe, un dos equipos máis en forma da categoría, con 3 vitorias seguidas en liga (a de onte en Lombáns) á que se suma a copeira anteo Baio.
Aínda o propio Buño, o Camelle, O nantón e mesmo o Lira teñen posibilidades de meterse.

Inter - Pereiriña (0-1)

  • Inter: Ema, Diego, Jose Ángel, Christian, Mamdou, Juan Lagoa, Evaristo, Alex Castro, Ricardo, Santi Agulleiro e Jose. Tamén: Javichu, Marcos, Fabián e Costa.
  • Pereiriña: Maikel, Oca, Bicho, Adán, Brais Lagoa, Gabril, Maelo, Pablo Trillo, Oli, Tito e Víctor Agulleiro. Tamén: Xabi, Abel, Antonio, Hugo e Martín.
  • Gol: 0-1, m.80: Hugo Riveiro dende 40 metros.

Tenso derbi no San Paio de Refoxos, cunha primeira metade cos de Brens algo mellor con balón, pero tamén con algunha ocasión clara para os da Pereiriña. O cadro de Cobéns non soubo materializar o seu dominio do primeiro tempo e na segunda cambiou o guión. Os de Julito metéronse máis arriba e Diego Oca avisaba cun remate, antes de que Hugo Riveiro fixese un dos goles da xornada dende 40 metros.

Vitoria traballada no derbi, sen moito brillo, do Pereiriña, que lle serve para seguir na loita pola promoción.

Baíñas - Buño (1-2)

11 do CD Bainas-Foto-Costa
11 do CD Baíñas-Foto-Costa
  • Baíñas: Fabián, Fabichas, Rodri, Manu, Samu, Estiven, Esteban, Fandi, Santi, Ruli e Carlos. Tamén: Chavico, Darío, Leo, Crisca e Edu.
11 do SDC Buno en Vimianzo
11 do SDC Buño en Vimianzo. Foto: Buño
  • Buño: Cristian, Hugo, Alan, Andrés, Cristian, Adrián Pose, Fraguiña, Jorge Calvete, Jesús, Alexis e Aguiar. Tamén: Lamas, Martín, Roberto Carlos, Dani e Izan.
  • Goles: 0-1, m.3: Fraguiña; 1-1, m.23: Ruli dende o medio campo; 1-2, m.33: Hugo Álvarez.

No encontro disputado na tarde do domingo no Campo Municipal do Irmandiño, o CD Baíñas asinou un mal partido, no que dous erros defensivos condicionaron claramente o resultado final fronte a un Buño que soubo aproveitar as concesións locais.

Os oleiros saíron enchufados, cunha presión moi alta, todo o contrario cun Baíñas durmido. O primeiro gol chegou tras un mal control do porteiro local, que aproveitou Fraga. O Baíñas conseguiu meterse no partido grazas a un auténtico golazo de Ruli dende o medio campo, pero os de Dani Calvete volvían marcar.

Na segunda metade, o Baíñas mereceu máis nun o partido estivo marcado polas interrupcións e polas lesións. Sobre o minuto 54, o xogador do Buño, Martín, que acababa de entrar ao terreo de xogo, sufriu unha lesión no xeonllo dereito que lle obrigou a abandonar o encontro, agardando que non sexa nada de gravidade.
O encontro estivo marcado tamén pola polémica arbitral, con dúas accións moi protestadas polo CD Baíñas dentro da área visitante, como un penalti non sinalado.

A mellor ocasión do CD Baíñas chegou nos pés de Crisca, que estivo moi preto de empatar, pero atopouse cun auténtico paradón do porteiro do Buño. Pouco despois, o conxunto local quedaría con dez xogadores tras a expulsión de Rodri nunha tangana na área, na que tamén acabou expulsado Fabichas, xa fóra do terreo de xogo.

Lira - Laxe (1-2)

11 do CF Lira 2026 en Lombans
11 do CF Lira en Lombáns. Foto: Lira
  • Lira: Raúl, Xurxo, Alexandre, Luve, Carlos, Iago, Alberto, Cibrán, Miguel, Iván París, Alexander. Tamén: Christian Gon., Cristian Formoso, Pablo Leis, Kajulo e Javi Freire.
  • Laxe: Jacobo, Dani Riegía, Pablo Barreiro, Leo, Martín, Aarón, Izan, Leo, Bieito, Eloy Lñares, Santi Casás e Cundíns. Tamén: Darío MIra, Roi, Darío Martínez, David e Pedro.
  • Goles: 0-1, m.43: Xurxo de cabeza nun córner; 1-1, m.88: Cundíns; 1-2, m.94: Darío Mira.

Foi un partido tenso, sen demasiadas ocasións, que parecía decidido pero que deu un envorco do desconto. A primeira metade foi igualada, sen grandes ocasións, algunha dos de Manu Saleta, e tamén unha de Cibrán que mandou a córner Jacobo. Pero nun córner pouco antes do descanso adiántanse os de Óscar Leis cun remate de Xurxo Fiuza. O lateral de apenas 16 anos estreábase como goleador.

Apretou o Laxe dende o comezo da segunda e tiveron ocasións os de Manu Saleta, con varias chegadas de Santi Casás, Reigía, Leo… ou un paradón que lle fixo Raúl no man a man a Bieito. Pero pintaba para o Lira porque o Laxe non estaba acertado, ata que no desconto, co Laxe completamente envorcado e despois de ter Kajulo a sentenza, e de ter Pablo un tiro dende case o medio campo que sae rozando o pau, os laxenses conseguen o empate tras un rexeite. E xa no 90ealgo, unha boa xogada dos lanxenses acaba cun tiro cruzado de Darío Mira para darlle a alegría á súa afección e levar os puntos de volta.

O Laxe celebrando unha nova vitoria en Lombas
O Laxe celebrando a nova vitoria en Lombáns

Cerqueda - Coristanco (0-2)

  • Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu, Gus, Hugo Fraga, Schuster, Juan Rivera, Mario, Íker e Brais Costa. Tamén: Fabián, Eloy Santos, Iván Rey e Sergio.
  • Coristanco: Roberto, Gabri, Jonathan Fraga, Borja, Dani Casti, Kevin, Matteo, Jairo, Andy, Iván Pastoriza e Pablo Pose. Tamén: Villajos, Pablo, Jose Antonio, Dani Vázquez e Samu Baldomir.
  • Gol: 0-1, m.15: Pablo Pose; 0-2, m.85: Samu Baldomir.

Gran primeira metade do Coristanco, que dominou, non deixou atacar aos cerquedáns, e marchou ao descanso por diante cun tanto de Pablo Pose, pichichi de inverno con 17 goles, polos 14 dos carballese Salah e Nacho.

Mellorou o cadro de Gurita na segunda, equilibrando, en canto ao xogo se refire, a contenda, e foi un man a man durante máis de media hora. Os visitantes aguantaban o ritmo que impuña o cadro local, que tivo unha ocasión clarísima para empatar, pero a 5 do final, nunha contra, sentenciaron os verdes, para deixar ao cadro de Adrián Lema cunha importante vantaxe.

Cee - Seaia (1-2)

  • Cee: Jorge, César, Alex Muíño, Munitis, Fontaíña, Carlos, Xián, Josiño, Keko, Anxo e Joni. Tamén: Manuel, Diouck, Pablo Caamaño, Oreiro e Marco.
  • Seaia: Isaac, David, Alex Mato, Erik, Martín, Noel, Simón, Rafa Souto, Manu Castro, Edu e Iván Caamaño. Tamén: Marcos Verdes, Brais, Borja, Pablo e Antón Todosantos.
  • Goles: 1-0, m.3: Xián nun balóns ás costas; 1-1, m.44: Rafa; 1-2, 51: Iván Caamaño.

Partidazo dos dous equipos, con moito xogo de balon na primeira parte. Saíron os de Rafa máis enchufados e con mais ritmo co balón e nun balon filtrado ás costas, Xián abre o marcador no man a man moi pronto. Seguiron dominando os locais creando ocasións, por medio de Xián, que tivo un par de achegamentos; un tiro de Keko ao pau, unha de Joni que lle fai un paradón Isaac Piña, e unha de Josiño que non chega a rematar. Pero os de Manu Cancela íase estirando, presionando algo máis arriba e nun erro na saída do balón, o meta Jorge cédelle a Rafa que aproveita para roubar e conseguir o empate.

Á volta do descanso, saían moito máis enchufados os malpicáns e nun saque de meta peiteado, cólase Iván entre a defensa e fai o segundo para os visitantes.

Envorcouse o Cee arriba, deixando espazos para algunha contra, pero o empate non dou chegado gracias ás intervencións de Isaac a tiros de Keko, de Pablo, de Alex Muíño ou unha de Carlos que non chega a rematar.

Oza - Volantes (4-0)

11 do SD Oza no Carral

  • Oza: Samu, Marcos Carro, Brais Bolón, David, Eloy Suárez, Íker, Iago Lavandeira, Hugo Fraga, Nacho, Salah e Saad. Tamén: Alex Vázquez, Juan Lagoa, Benji, Fernando e Roberto.

11 do Volantes de Bano no Carral

  • Volantes: Xandre, Núñez, Alexis, Senandez, Miguel, Xoel, Marcos, Javi, Rulo, Jordi e Joseja. Tamén: Edu e Saúl.
  • Goles: 1-0, m.18: Eloy remacha un centro de Nacho; 2-0, m.30: Salah, tras un pase de Eloy que recibe de Nacho; 3-0, m.50: Saad de penalti cometido sobre el mesmo; 4-0, m.75: Fernando chuta tras unha xogada individual, peta no pau e o colexiado entende que entra.

Victoria merecida do Oza, a onde os de Ramiro e Ubaldo non foron quen de sopbrepoñerse ás baixas. Saíron moi firmes, moi serios, coas ideas moi claras, os carballeses, buscando as costas da defensa visitante, e sen subir a liña defensiva pola rapidez dos dianteiros muradáns. E foi aparecendo en xogo Nacho, que está sen todos os goles para abrir os dous primeiros, a pesar do bo traballo defensivo dos laranxas. Tivo co 1-1 unha boa ocasión Jordy para empatar, pero o seu remate foi repelido polo longueiro.

Na segunda, xa con menos ritmo, un penalti e un gol pantasma, ambas xogadas protestadas polos visitantes, completaron a goleada, se ben o cadro muradán tamén tivo varias ocasións para recurtar, sobre todo un man a man de Edu que marchou fóra por pouco.

Muxía B - Camelle (1-1)

  • Muxía B: Joel Fateira, Damián Soneira, Prieto, Kevin, Eloy Sambad, Javi Vilela, Adrián Furelos, Julián Busto, Adrián Baamil, Javi Rey e Papin. Tamén: Iván Sambad, Martín, Isma e Ziro.
  • Camelle:
  • Goles: 1-0, m.57: Vilela; 1-1, m.92: Lucas de penalti.

Igualado partido o vivido en Arliña, con emoción ata o último suspiro, cando Lucas asinaba o empate dende os 11 metros xa no desconto.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios