Venres. 29.03.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Camariñas, primeiro líder da tempada

Outes - Castrelo
Saúdo inicial no Outes - Castrelo.
3ª Galicia: O Camariñas, primeiro líder da tempada

O Camariñas parece ser o equipo a bater durante este ano na Terceira Galicia e converteuse no primeiro líder da tempada, despois de golear ao Monte Louro.

Quen tamén comezou con moi bo pé foi un Nantón que superou con contundencia ao Corcubión. Pola súa banda, o Ameixenda e o Outes foron os outros dous equipos que comezaron con triunfo e fixérono despois de gañar na casa ao Sporting Seaia e ao Castrelo, respectivamente.

Mentres tanto, no derbi camariñán, Porteño e Camelle firmaron táboas nun partido no que os visitantes salvaron un punto in extremis.

CD Nantón 4 – 1 UD Corcubión

CD Nantón: Guille, Diego (Iván Moreira m.83), Eloy, Costiña, Amado (Maikel m.59), Martín Suárez, Cigarini, Pablo Fuentes, Christian, Redondo (Pastor m.72), Josiño (Javi m.74).

UD Corcubión: Marcos, Brais (Rodri m.64), Eva, Kamacho, Rubén, Carlos Lojo, Chiru, Iago Lema, Joaquín, Alan e Gabri.

Goles: 1-0 m.3: Cigarini; 1-1 m.17: Brais; 2-1 m.30: Christian; 3-1 m.43: Josiño; 4-1 m.60: Eloy.

Partido que rápido se puxo de cara para o Nantón, cun gol de Cigarini no minuto 3 de partido. Dominaba o equipo local, pero nun erro da defensa, chegou o empate de Brais.

Xa mediada a primeira parte, nunha boa galopada de Cristian, adiantariase de novo o Nantón, e faltando dous minutos para o final do primeiro tempo, Josiño marcaría o 3-1 cun disparo desde fora da área.

Tralo descanso, as cousas mantivéronse igual e só Eloy, na saída dun córner sería quen de mover o marcador para poñer o definitivo 4-1.

CF Porteño 2 – 2 SD Camelle

CF Porteño: Josiño, Pejo, Caamaño, Manoliño, Manuel, Cachi (Mario m.78), Porto (Brais Campaña m.82), Ángel, Vicente, Isma (Wii m.75), Edgar (Anxo m.60).

SD Camelle: Roi, Ruso, Rodri (David Camariñas m.52), Marcelino, Pablo, Macareno (Carlos Suárez m.85), Barreiro (Cristian m.94), Vieites (Paulo m.70), Carlos de Dido, Riveiro, David Vázquez (Jati m.60).

Goles: 1-0 m.2: Ruso en propia porta; 2-0 m.57: Vicente; 2-1 m.64: Carlos de Dido; 2-2 m.92: Paulo.

Outes FC 2 – 1 CF Castrelo

Outes FC: Álex, Babu (Joel m.90), Saúl (Álvaro m.68), Chía (Iván m.73), Martín, Eloy (David m.90), Santi, Caamaño, Pablo, Jura e Simón.

11 inicial do Outes ante o Castrelo

CF Castrelo: Carreira, Esteban, Chans, Estevo (Miguel m.62), Luis, Quintelo (Gustavo m.89), Dani Picallo, Capote, Maikol, Adrián Pasantes (Javi m.76), Darío (Cacu m.68).

11 inicial do Castrelo ante o Outes

Goles: 1-0 m.3: Babu; 1-1 m.30: Adrián Pasantes; 2-1 m.90: Santi.

Partido típico de inicio de tempada, no que a primeira metade foi de dominio total e xa no minuto 3, Babu adiantaba ao Outes.

Tras isto, os de Miguel Ramos terían varias chegadas de perigo, ata contando tres mans a man que non lograrían materializalos. E nunha xogada illada, Adrián Pasantes devolvería as táboas ao marcador.

Na reanudación, o partido perdiu ritmo e ata se volveu un tanto trabado, pero o Outes seguirían errando numerosas ocasións, en gran parte por mor dunha boa actuación de Carreira.

E non sería ata o minuto 90 cando Santi faría o definitivo 2-1.

Camariñas FC 6 – 2 UD Monte Louro

Camariñas FC: Pablo, Soule, Óliver (Manu Pasantes m.84), Carlos, Moriño (Saviola m.80), Javi Antelo (Rodri m.82), Pablo, Nico, Roi, Joseba (Brais m.56) e Nazo.

UD Monte Louro: Iago (Joaquín m.46), Miguel Verán (Rapante m.46), David (Abel m.71), Juan do Sivil, Pablo, Borja (Yeray m.63), Mingos (Miguel Rey m.46), Ramiro, Iker, Riki e Pesko.

Goles: 1-0 m.35: Roi; 2-0 m.40: Pablo; 2-1 m.45: Iker (p); 3-1 m.58: Carlos; 3-2 m.66: Pesko; 4-2 m.67: Nazo; 5-2 m.68: Soule; 6-2 m.79: Nazo.

Expulsión: O camariñán Nico no minuto 70.

Partido igualado na primeira media hora de partido, na que o Camariñas tivo a mellor oportunidade cun penalti que non aproveitarían.

Pero nos últimos dez minutos, os loureáns víronse condenados por dous erros na saída de balón que aproveitarían Roi e Pablo para poñer o 2-0. Xusto antes do descanso, un penalti transformado por Iker daríalle vida ao Monte Louro.

Na reanudación, un erro do porteiro visitante supoñería o 3-1, obra de Carlos, pero non tardaría en reaccionar o conxunto loureán e faríano por medio de Pesko. Pero no seguinte minuto, Nazo faría o cuarto e nese momento, o Monte Louro baixaría os brazos e vería como o Camariñas faría dous goles máis para pechar o encontro co 6-2.

SD Ameixenda 2 – 0 Sporting Seaia CF

O Ameixenda ante o Sporting Seaia

SD Ameixenda: Rubén, Nico, Esteban, Sambade, Ariel (Alexandre m.59), Marlown (Fernando m.80), Gabriel (Pablo m.70), Susiño (Bicho m.76), Adrián, Javichu, Ezequiel (José Ángel m.46).

Sporting Seaia CF: Mario Rodríguez, Sergio, Vistas, Samuel (Cristian m.58), Jorge (Anxo m.80), David Martínez, Luis (Mario Pose m.62), Pablo (Carlos m.50), Parga, Iván e Toni.

Goles: 1-0 m.48: Samuel; 2-0 m.56: Susiño.

Primeiro tempo con máis dominio do Ameixenda pero con escasass ocasións de gol, en gran parte debido á precipitación dos de Julio Vila nos últimos metros. Pola súa banda, o Sporting Seaia trataba de saír á contra, pero tan só en dúas delas puxo algo de inquedanza.

Na reanudación, o Ameixenda, ademáis de seguir controlando o xogo, mellorou no acerto nos últimos metros, provocando varias chegadas seguidas e nunha delas os defensas do Seaia, fixéronlle falta a Marlown cando ía meterse na área grande pola esquerda, oportunidade que non desaproveitaría Sambade para facer o 1-0 cun golazo pola escadra.

Seguiu insistindo o Ameixenda e no 56, Susiño aproveitou un rexeite do porteiro do Sporting Seaia para marcar o 2-0.

E tras isto, puideron ser algúns máis se Marlown aproveitase tres mans a man, pero tanto a boa actuación do porteiro cómo a precipitación do xoven dianteiro local, tan só 15 anos, evitaron a goleada.

A partir do minuto 75, o Seaia foi facéndose co partido e dispuxo de varios córners, pero tan só un tiro lonxano no minuto 82 obrigou a Rubén a empregarse a fondo. Tamén puido marcar o terceiro o Ameixenda no 85 pero o porteiro evitaríao, polo que o marcador non se movería.

Comentarios