Venres. 05.06.2020
El tiempo

3ª Galicia: igualdade e dúas goleadas

3ª Galicia: igualdade e dúas goleadas
C.F. CASTRELO 1 - CAMARIÑAS F.C. 1 CF CASTRELO - David Carreira, Steven, Mario, Luis Roget, Domingo, Dani Picallo, Eloy, Iván Caamaño, Maikol, Fabio e Rubén. Tamén xogaron Roi Caamaño, Esteban, Darío e Hugo. CAMARIÑAS FC - Pablo, Nico, Rodri, Moriño, Brais Alonso, David, Djibril, Mickael, Adrián, Anxo e Maikel. Tamén xogaron Fran e Andrés. GOLES: 0-1 43´Maikel de pti   1-1 75´Steven Dous tantos de penalti, un en cada tempo, marcaron o derbi de cercanías entre Castrelo e Camariñas no Municipal de Vimianzo. O Castrelo plantou cara a un dos favoritos ó ascenso, o histórico Camariñas, e parece que este ano vai a ser un equipo dos que vai a dar bastante guerra. S.D. CASTRIZ 1 - OUTES C.F. 1 SD CASTRIZ - Puyol, Rompe, Bruno, Steven, Anxo, Mauri, Chiki, Iván, MArtín, Alex e Cambón. Tamén xogaron Carlos, Kevin e Doriño OUTES CF - Esmorís, Alvaro, Babu, Chía, Martín, Edu, Santi, Sergio, Quin, Fabio e Simón. Tamén xogaron Joel, Paulo e Saúl. GOLES: 0-1 37´Santi   1-1 38´Mauri Duelo entre aspirantes ó ascenso que se saldou con igualada nun partido moi competido. Adiantáronse os visitantes pero pronto o veterano Mauri, experto en mil batallas no campo de San Pedro, dou a igualada ós de Rogelio. No segundo tempo, a pesar das ocasións, xa non se moveu o marcador. CAMELLE S.D. 3 - SP. SEAIA C.F. 1 CAMELLE SD - Roi, Carlos, Tajes, Tedín, Méndez, Mario, Alvaro, David, Vieites, Adrián e Rodrigo. Tamén xogaron Rubén e Cristian Lema SP.SEAIA - Recarey, Alex, Parga, Diego, Carracedo, Costa, Pablo, Chols, Adrián, Josi e Mara. Tamén xogaron Iván, Juni, Vistas e Mario. GOLES: 1-0 26´Mario   2-0 30´Vieites   2-1 66´Juni   3-1 73´Mario Moi bo inicio do Camelle, que sempre fai do Rodeiro un fortín, e foi quen de imporse a un loitador Seaia no encontro xogado na matinal do domingo. Ó descanso xa mandaban os locais merced ós goles de Mario e Vieites. A saída de Juni no segundo tempo dou máis mordente ós visitantes e o propio dianteiro anotou o 2 a 1, pero pouco despois novamente Mario puxo terra de por medio, esta vez de maneira definitiva. S.D. CORISTANCO 7 - U.D. CORCUBIÓN 0 SD CORISTANCO - Diego Mallo, Sergio, Mato, Miguel, Lagoa, Pazos, Samuel, Damián, Javi, Alex e Figueiras. Tamén xogaron Xuco, Botana, Adrián, Cebey e Esteban. UD CORCUBION - Marcos, Mario, Angel, Oca, Alexandro, Carlos, Iago Lema, Evaristo, Abe, Tito e Pablo. Tamén xogaron Rubén, Martín, Fernando e Diego GOLES: 1-0 1´Figueiras   2-0 4´Samuel   3-0 9´Samuel   4-0 40´Figueiras   5-0 42´Samuel   6-0 70´Botana   7-0 82´Xuco O Coristanco mostrou a súa fortaleza e candidatura clara ó título de liga abrindo a xornada o sábado cunha tremenda goleada ante o Corcubión. Xa ós 10 minutos vencía 3-0, e ó descanso estaba sentenciado o encontro. Incluso se permitiu o luxo de ter a dous dos seus mellores homes, Xuco e Botana, no banco, que saíron no segundo tempo e anotaron cadanseu gol. foto David Castro C.D. NANTÓN 2 - C.F. PORTEÑO 1 CD NANTON - Guille, Micael, Pablo, Gavín, David , Pereira, Touriñán, Christian, Pastor, Redondo e Moreira. Tamén xogaron Fabio, Martín, J.Manuel e Javier. CF PORTEÑO - Jonathan, Adrián, Caamaño, Canosa, Manu, Mario, Jorge, Angel, Luis, Roi Carril e Vicente. Tamén xogaron Pejo, Javi, Pablo, Martín e Wii GOLES: 1-0 5´Redondo   1-1 81´Pejo   2-1 86´José Manuel Decidiuse un disputado encontro nas Fontiñas nos intres finais. O gol inicial de Redondo dou vantaxe a un Nantón que se atopou cómodo co marcador a favor e sen arriscar nada, igualando o Porteño cun remate de cabeza de Pejo. Cando parecía que o empate era o máis xusto o Nantón anotou o seu segundo tanto a pouco do final deixando ós da Ponte frustrados e sen puntos. AS BALEAS F.S. 0 - S.D. LAXE 11 AS BALEAS - Manuel Lema, Juan, Pasantes, Lucas, Alvaro, Carlos, Dani, Vicente, Bieito, Darío e Jesús. SD LAXE - Eloy, Elías, Jacinto, Borja, Jorge, Gustavo, López, Adrián Lema, Adrián Pasantes, Caamaño e Djamel. Tamén xogaron Felipiño, Bieito, Adrián Suárez, Ventura e Iván Bras GOLES: 0-1 1´Adrián Lema   0-2 18´Adrián Lema   0-3 21´Pasantes   0-4 34´Adrián Lema   0-5 35´Gustavo   0-6 51´Bieito   0-7 55´Gustavo   0-8 65´Gustavo   0-9 66´Adrián Lema   0-10 70´Adrián Lema   0-11 72´Gustavo As Baleas debutou en competición oficial levando unha goleada dun Laxe que tivo como home máis inspirado ó ex do Baio Adrián Lema, autor de catro tantos. O equipo de Vicentiño terá que mellorar moito se quere plantar cara nos próximos partidos a rivais en teoría máis potentes que o Laxe.

comentarios