Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Laxe e Camelle déixanse o ascenso para a volta

Campo de Laxe nun partido da Liga da Costa
Ambientazo no Rogelio Martínez
3ª Galicia: Laxe e Camelle déixanse o ascenso para a volta

Fermoso partido con auténtico sabor a Fútbol da Costa. O Rogelio Martínez estaba cheo de afeccionados, que demostraron un fenomenal comportamento e demostraron o potencial das nosas ligas. O derbi entre Laxe e Camelle rematou en empate, deixando todo aberto para a volta no Rodeiro.

Laxe - Camelle (1-1)

  • Laxe: Jacobo, Mikel, Jose, Eloy, José Ángel, Gora, Miguel Torres, Iago Torres, Bieito, Santi Casás e Felipiño. Tamén: Jacinto e Camafreita.
  • Camelle: David C, Martín, Dido, Hucho, Makareno, Estiben, David V., Tereso, Chori, Sergio, Adrián. Tamén: Rubén, Ruso, Mario, Gabi.
  • Goles: 0-1, m.23: Tereso; 1-1, m.89: Gora.

Os nervios notáronse, e sobre todo na primeira metade con moito fútbol contacto, balón directo, e no que non houbo demasias ocasións. O Laxe non atopaba o seu sitio, e o Camelle de Sergio se adiantaba cun tanto de Tereso protestado polos locais.

Arrincou a segunda metade coa xogada clave, cando os laxenses Felipe e José Manuel chocan entre eles tendo que saír Felipiño, que levou 15 puntos de sutura. O equipo de Lilo quedaba con 10, e con José Manuel ao comezo sufrindo mareos.
A pesar de quedar con 10, o equipo de Lilo veuse arriba, dominando e tendo ocasións como unha de Iago Torres, unha de Bieito… Ata que xa case que no desconto, Gora empataba nun córner botado por Iago Torres.

Xusto empate e queda todo para o Rodeiro.

As táboas copeiras en www.copadacosta.com.

Comentarios