Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Laxe toma vantaxe cun gran Miguel Torres

Imaxe do Zas-Camelle da ultima xornada de Liga-Foto-Noe Tourinan
Imaxe do Zas-Camelle da última xornada de Liga-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: O Laxe toma vantaxe cun gran Miguel Torres

Foi o protagonista da xornada. Miguel Torres marcou un triplete que lle permite ao Laxe ir con vantaxe a Xaviña á volta das semis da Promoción de Ascenso á Liga da Costa.

Unha volta que se celebrará o vindeiro 16 de abril, e á que Zas e Camelle chegarán empatados.

Laxe - Buño (3-1)

  • Laxe: Jacobo, Mikel, Pombo, Gora, Eloy Liñares, Jorge, Ángel, Bieito, Felipiño, Miguel Torres, Santi Casás. Tamén; Camafreira, Jacinto.
  • Buño: Darío, Simón, Adrián Pose, Jesús, Breo, Miguel Dourado, Fran, Luisma, Elías Suárez, Eloy Suárez, Iván Rod. Tamén: Omar, Yago, Elías López, Eloy Santos e Facal.
  • Goles: 0-1, m.45: Breo Rey nunha contra; 1-1, m.50: Miguel Torres; 2-1, m.65: Miguel Torres; 3-1, m.79: Miguel Torres.

Partido de moito respecto o celebrado no Rogelio Martínez Cabo D’Area, con dous equipos moi ordenados, e cun Buño que chegaba con moitos problemas de efectivos por mor das lesións. O equipo de Lilo intentaba facer dano por banda, pero na primeira metade non houbo grandes ocasións, se ben os Omar, Eloy ou Iván si que deixaban ben pola área de Jacobo. Só no desconto, unha contra rápida tras unha falta a favor do Laxe, permitiu ao equipo de José Carabel poñerse por diante.

Reaccionaron na segunda os locais, que foron superiores, cun moi bo partido de Ángel, Casás, Eloy e Jacobo, tamén na meta laxense. Os laxenses gañaban todos os segundos balóns, e cada pugna, e o acerto de Miguel Torres ía aparecendo cada vez que tocaba a pelota. Marcaba o empate,e mentres o Buño conseguía dar algún zarpazo como un ruto de Breo ao pau ou unha falta lateral que se paseou pola liña de gol.

E volvía aparecer Miguel Torres dando mostra da súa calidade. E xa no treito final, facía o terceiro nun córner mentres que Bieito tiña un man a man para facer o cuarto, pero deixa a eliminatoria aberta para a volta.

Zas - Camelle (1-1)

Plantel do Zas

  • Zas: Adrián, Pablo Pardiñas, Rama, Anxo, Marcos, Darío, Pablo Fuentes, Andrés, Dani Mato, Álvaro. Tamén: Alvite, Christian, Iván e Damián.

11 Camelle en Zas-Foto-Noe Tourinan

  • Camelle: Pirata, Martín, Dido, David Vázquez, Quintelo, Macareno (Ruso), Estiben, Piquero (Sergio), Gabi (Chori), Crejo, Adrián (Tantán).
  • Goles: 0-1, m.21: Adrián; 1-1, m.54: Dani Mato.

Partido igualado, con máis dominio do Zas, que intentaba combinar pero que tamén sufría algunha perda en campo propio que permitía ao Camelle sacar contras perigosas. Nunha desas Adrián adiantaba aos de Sergio cunha fermosa vaselina tras un bo pase de Piquero.

O cado de Martín dominaba máis, ten do varias ocasións como unha falta que sacaba Pirata ou unha vaselina que marchaba rozando o longueiro.

Na segunda, os zaseiros tiñan máis o balón pero o Camelle tamén lanzaba contras como a que Chori remataba á cruceta ou a que Adrián lanzaba ao pau. O Zas non se foi do partido, e Dani Mato empataba nunha falta coa axuda da barreira. Chegou mellor ao último cuarto de hora o cadro local pero sen ocasións claras.

As táboas en www.futboldacosta.com.

As crónicas da 3ª Galicia

Comentarios