Mércores. 24.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: A Terceira máis igualada que se recorda

Camelle Ameixenda
Camelle Ameixenda
3ª Galicia: A Terceira máis igualada que se recorda

Laxe – Pereiriña

Laxe: Jacobo; Elías, Manuel, Jacinto, Daniel (Jorge, 46’); Gora, David, Óscar, Bieito, Galeano (Felipiño, 46’); Carra.

Pereiriña: Isma Antelo (Nil, 40’); Tonecho, Jose, Adri Ozón, Cheo; Borja Bouzón, Jaiolo (Carlos Leis, 58’), Dani Costa (Tebo, 51’), Chiru; Tito (Maelo, 66’) e Álex Agulleiro (Grille, 76’).

Goles: 0-1, 13’: Chiru / 1-1, 19’: Bieito / 2-1, 54’: Carra / 2-2, 55’: Chiru.

Non foi quen o Pereiriña de sumar o seu terceiro triunfo consecutivo ante un Laxe que toma o punto como un chute de enerxía despois de un comezo de tempada no que as baixas lles estaban a xogar unha mala pasada. E iso que comezou de maneira inmellorable para os visitantes, que se adiantaron cun gol de falta de Chiru. Pero os locais, lonxe de virse abaixo, conseguiron empatar tras un erro defensivo que soubo aproveitar moi ben Bieito.

Tras o descanso, ambos equipos saíron lanzados a buscar a portería contraria, e foi no minuto nove cando Carra atopou as redes rivais tras rematar un centro lateral despois dunha gran xogada por banda. Non obstante, non lle durou moito aos locais, xa que Chiru, nunha xogada persoal dentro da área, volveu a poñer as táboas no marcador. De aí ó final, tivo máis preto o triunfo o Pereiriña, que protestou moito un posible penalti.

Camelle – Ameixenda

Camelle: David; Ruso, Ucho, Pablo (Snaky, 11’), Martín; Rodri, Maka (Carlos, 68’), Miguel Riveiro, Felipe; Dido e Adrián Pasantes (David Vieites, 68’).

Ameixenda: Rivers; Iván, Chapu, Kamacho, Pablo; Elhadji, Cristian Aguirre (Pikero, 60’), Sambade; Alexis (Jose Castro, 49’), Castrexe e  Saulo.

Goles: 0-1, 14’: Castrexe / 0-2, 24’: Saulo / 1-2, 28’: Felipe / 2-2, 39’: Felipe / 3-2, 45’: Adrián Pasantes.

Camelle Ameixenda -

Non está a ter sorte o Ameixenda, que visitou Porteño con doce xogadores na primeira xornada e que perdeu nos minutos finais na segunda. Desta vez, a xuventude do persoal notouse cando despois de ir 2-0 no minuto 25, chegou ao descanso perdendo. Comezou mandando con goles de Castrexe e Saulo ante un Camelle que parecía durmido e que espertou de golpe co gol de Felipe.

A partir de aí, os locais si foron mellores no resto do primeiro acto e conseguiron o empate outra vez a través de Felipe. E xusto antes do descanso, Adrián culminaba unha remontada épica en apenas 17 minutos. Tras o descanso, ambos equipos tiveron ocasións pero non amosaron eficacia de cara a gol.

Castrelo – Oza

Castrelo: Agustín; Conde, Marcos Duarte, Esteban, Luis Roget; Iván Chans, Chavico (Rubén, 73’), Miguel (Gustavo Freire, 46’), Cristian; Dani Picallo (Samu Rama, 78’) e Capote (Roi, 41’).

Oza: Gesto; Josiño (Iago, 60’), Alejandro, Lista, Vilariño; Álex López, Pace, Nacho; Efe (Puente, 58’), Suso e Kevin (Carlos, 70’).

Goles: 0-1, 6’: Kevin / 0-2, 90’: Suso.

Chegaba o Oza a Vimianzo coa moral polas nubes tras a primeira vitoria da súa historia, pero con moitas baixas entre lesións e sancións. Os de Adrián Varela entraron mellor no encontro e Kevin facía pronto o primeiro tras unha boa combinación con Suso. O gol non espertou ao Castrelo, que seguiu sendo dominado ata o minuto 30, cando comezaron a achegarse con perigo á portería visitante.

Ese bo momento dos locais continuou na segunda metade, onde Gesto tivo que empregarse a fondo para manter a portería a cero, mentres que en ataque o Oza non tiña máis que un tiro ao traveseiro de Álex López. Pero xa no desconto, Suso recibía un gran pase en profundidade e batía a Agustín no man a man, para sentenciar o encontro e colocar ao Oza como colíder.

Corcubión 3 – 1 Sp Seaia

Corcubión: Marcos; Elihú, Pabliño (Mario Suárez, 56’), Castillo (Fran, 85’), Evaristo (Torices, 58’); Gorka (Tano, 55’), Goche, Luisete, Iago Lema; César e Adri Castro (Guilhe, 65’).

Seaia: Anxo; Martín, Jorge Parga (Joel, 65’), Anxo; Manu Garrido (Pablo, 90’), Hugo, Mario (Fabián,71’), Toni; Álex Mato, Luis e Juni.

Goles: 1-0, 26’: Iago Lema / 2-0, 33’: Adri Castro / 3-0, 46’: César Lojo / 3-1, 87’: Sergio Cancela.

Ollo con este Corcubión que está a facer un inicio de liga como o que xa facía anos que non efectuaba e que se apunta agora a esa terna de favoritos que hai aberta para levarse o título da fase regular da tempada. Os de Nito foron mellores de comezo a fin e se adiantaron cun gol de Iago Lema tras unha boa xogada entre César e Luisete. Pouco despois, Adri Castro ampliaba distancias ao rematar unha contra levada por Lema e César sentenciaba adiantándose ao porteiro nunha falta lateral colgada por Gorka.

Na segunda, seguiron a dominar os locais, aínda que o Seaia intentou chegar arriba con máis efectivos para facer un gol da consolación que non chegaría ata o final, cando Sergio Cancela aproveitaba un erro defensivo.

Xallas B 1 – 3 Porteño

Xallas B:  Álex Barbeira (Brais, 46’): Iván Moya (Sergio, 46’), Iván García, Nando, Jota; Adrián (Iván Amarelle, 70’), Cuns, Doriño (Isaac, 46’); Steven, Kevin (Rodrigo, 55’) e Sergio Barbeira

Porteño: Josiño; Pejo, Jose, Manuel Canosa, Yeray (Campaña, 65’); Ángel, Joseba, Alan, Edgar (Cachi, 46’), Vicente; Martín Suárez (Espi, 65’)

Goles: 0-1, 17’: Alan / 0-2, 21’: Alan / 1-2, 55’: Sergio Barbeira / 1-3, 90’: Alan, de penalti.

Bo comezo tamén do Porteño que superou a un Xallas que aínda non é quen de gañar con este novo proxecto creado para que os máis novos teñan ese primeiro contacto no fútbol sénior. No encontro, un claro protagonista: Alan, que fixo un hattrick para darlle a segunda vitoria a un Porteño que non se cae dese grupo de favoritos.

Os da Ponte do Porto comezaron mellor e fixeron dous goles en menos de cinco minutos, o que non derrubou a un Xallas B que seguiu intentándoo e que estivo mellor na segunda metade, onde acurtou distancias. Pero co equipo arriba, o Porteño aproveitou un penalti para facer o definitivo 1-3.

Comentarios