Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Xallas e Zas presentan credenciais e o Sofán B avisa ao Soneira

Pereirina-Zas-Foto-Noe Tourinan
Imaxe do Pereiriña-Zas-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: Xallas e Zas presentan credenciais e o Sofán B avisa ao Soneira

Estaban as miradas deste comezo da 3ª Galicia nos trasatlánticos da categoría: Xallas e Soneira. O cadro soneirán debutaba, e era o Sofán B o que lle demostraba que non vai ter fácil atallar un dos dous postos de ascenso directo.
Menos rival tivo o domingo o Xallas ante un Ameixenda aínda en pretemporada.
Co permiso dos Corcubión, Laxe

Outra das imaxes da xornada, ese fermoso derbi entre Seaia e Malpica en Pedra Queimada, que fai soñar con esquecer o esperpento dos últimos anos nas filas do equipo da capital.

Sofán B - Soneira (3-3)

  • Sofán B: Mario, Marcial, Raúl, Eloy Cabeza, Iván Fdez., Roi Canedo, Ceide, Alex, Brais Calvo, Borja Viaño e Villajos. Tamén: Manu Cancela, Dani Calvete, Adrián Vázquez, Nacho Eirís e Lucas.
  • Soneira: Martín, Adrián Pereira, Oli, Canoas, De la Sierra, Álvaro, Richi, Pichi, Brais Pereira, Basti. Tamén: Dylan, Cachi, Iago, Xabi e David.
  • Goles: 1-0, m.23: Villajos; 2-0, m.38: en propia; 3-0, m.73: Nacho Eirís; 3-1, m.76: Basti; 3-2, m.80: De la Sierra pola escuadra; 3-3, m.93: Xabi de cabeza nun córner.

Partido típico de pretemporada, con moitos desaxustes que permitiron ocasións claras en ambas áreas. Gran primeira metade do filial do Sofán que sorprendía a un dos favoritos da categoría cunha presión moi alta, sen deixar saír combinando aos soneiráns. Si que tiña Basti nada máis comezar un man a man que salvaba Mario. O cadro de Barca e Diego Viaño conseguía roubar moi arriba, e así chegaba o tanto de Villajos como o tanto de Oli en propia meta.

Na segunda parte o Sofán entrou máis enchufado e logo dunha serie de rexeites logra facer o terceiro. Co 3-0 no m.70 non soubo pechar o partido o filial carballés, e cunha falta de Basti se metía o cadro de Josiño Abelenda no partido. Malia lsión de Richi, o cadro soneirán comezou a xogar máis directo e despois do lanzamento dunha falta, Basti logra recurtar distancias no marcador. Minutos despois, e despois da expulsión do xuvenil Borja por dicir “isto é unha vergonza”, o Soneira envorcaba máis o partido e DelaSierra faría o 3-2, logo dunha xogada con varios rexeites, desde a frontal de área marca. Xa no último minuto nun saque de córner, Xabi cabecea para poñer o definitivo 3 - 3 antes do desconto. Na recta final xa, o Sofán tivo un man a man con Dylan que salvou moi ben. Tamén o Soneira tivo oportunidade dárlle a volta ao marcador, no que Iago puido sentenciar só ante o porteiro pero que non puido finalizar.
“Vale como aprendizaxe”, asegura Barca.

Corcubión - Laxe (1-1)

  • Corcubión: Bruno, Martín, Mario, Díaz, Isaac, Gorka, Jon, Iago, Rama, Asier e César. Tamén Tomás, Nando e Javi.
  • Laxe: Jacobo, Aarón, Guzmán, Manu Domínguez, Eloy, Saleta, Adrián Lema, Bieito, Samuel, Pedro e Carrabete. Tamén: Jacinto, Adri, Íker, Santi Casás e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.38: Carrabete rouba a Bruno e marca; 1-1, m.90: César Lojo.

Partido moi intenso, marcado pola chuvia e o vento. Tentaban combinar os locais, dirixidos este curso por Gorka, mentres os visitantes agardaban para saír rápido. Na primeira metade non houbo grandes ocasións e o partido decidiuse por erros, se ben o equipo de Toni estivo algo máis presente en campo contrario. O primeiro, do porteiro local nun balón sen perigo no que ó intentar recortar, quédalle o balón atrás e Carrabete (que volveu a casa) marca a placer. Adri Lema e Saleta tamén avisaron das intencións dos laxenses.

Xa na segunda metade máis do mesmo, o Corcubión, co vento a facor, o intentou con máis corazón que cabeza mentres o Laxe esperaba e saía á contra. Nunha das contras chegaría a expulsión do central local Mario. Tivo Manu varias chegadas, como unha internada na área pequeña con disparo ao pao, e no rexeite outro disparo ao corpo do porteiro; e outra de Saleta, pero non acabou de sentenciar. E o Corcubión non decaeu, e empurrou ata acadar o gol do empate que chegaría, no desconto, noutro erro: un balón alto que pasa sobre a defensa e a saída do porteiro sería aproveitado por César para marcar a placer xa case co tempo cumplido.
No desconto, os visitantes quedaríanse cun menos trala expulsión de Guzmán por unha xogada similar á da primeira metade, unha falta do último defensa a César cando xa encaraba portería.

 

Nantón - Buño (2-3)

  • Nantón: Jose, Fran, Javi, Miki, David Fariña, Santi, Roi Fachal, Tato, Redondo, Kevin, e Ruper. Tamén; Márquez, Adrián, Xoel, Dani Andrade, e Iván Moreira.
  • Buño: Paco, Elías López (Martín, m.46), Alán, José (Miguel Mallo, m.75), Juan, Fran, Miguel Dourado (Sergio, m.80), Kevin (Andrés, m.60), Breo, Elías Suárez, Brais Fraga (Isaac, m.80).
  • Goles: 0-1 m.57: Brais Fraga; 1-1 m.64: Iván Moreira; 1-2 m.65: Elías Suárez; 2-2 m.77: Rúper; 2-3 m.80: Elías Suárez .

Primeira parte intensa pero con pouca continuidade debido as numerosas interrupcións que houbo. As continuas disputas e choques fixeron que o partido fose pouco vistoso e que as ocasións fose contadas. Dominaba máis o Buño, cun par de tímidas ocasións, se ben o Nantón ía collendo ritmo e ameazou a Paco cunha ocasión de Tato que roza o pau.

Tralo paso por vestiarios, o encontro trocou de cara totalmente e as idas e voltas foron constantes, pero o Buño adiantaríase cun gol de Brais Fraga logo dunha boa combinación. Pouco despois, o Nantón poñería as táboas cun gol de Iván Moreira nun contragolpe tras un rexeite do porteiro a un tiro de Redondo. A pesar deste gol, os oleiros non tardarían en refarcerse, e Elías Suárez poñería de novo aos seus por diante.
Tras isto, o Buño tivo varias opcións para matar o partido pero os branquiazuis non serían quen de materializar as oportunidades e a saída dun córner, o Nantón volvería a poñer o empate no marcador co tanto de Rupper.
Xa na recta final, o equipo visitante poñería o definitivo 2-3 logo dunha boa asistencia de Miguel Dourado que non desaproveitaría Elías Suárez. Nos últimos minutos, os locais tiveron varias opcións a balón parado pero o marcador non se movería e os tres puntos marcharían para terras oleiras.

 
11 do Buno 23-24
O Buño celebrando a vitoria

Xallas - Ameixenda (8-0)

  • Xallas: Couto, Iván García, Asier, Michu, Peke; Stiven, Doro, Rodri, Manu Cuns, Forján; Adrián Couto. Tamén: Chaski, Nando,
  • Ameixanda: Costa, Maldonado, Evaristo, Juan, Louzán (Barreiro, m.46), Oscar (Pikita, m.80), Brais, Dani (Álex, m.59), Torices, Castreje (Sambade, m.62) e Canosa.
  • Goles: 1-0, m.4: Rodri; 2-0, m.5: Rodri; 3-0, m.11: Rodri; 4-0, m.25: Adrián Couto; 5-0, m.60: Doro; 5-0, m.60: Peke de córner directo; 7-0, m.79: Nando; 8-0, m.86: Rodri.
11 do Ameixenda 23-24 copia
Primeiro 11 do Ameixenda 23-24

Aproveitou o Xallas o apoio da afección na presentación dos equipos de base e que o Ameixenda, despois do SOS formulado pola directiva, aínda está moi verde, con algúns xogadores que fixeran só un adestramento. Mal comezo para o cadro ceense empezar contra un dos trasatlánticos da categorías. Nada máis comezar, a presión alta dos de Doriño e Churián provocaba rápidos roubos e xogadas de perigo, con dous tantos consecutivos de Rodri, e un terceiro no m.11 que xa deixaba o partido visto para sentenza.
O Xallas dominaba e metía centros continuamente, e ía aproveitando os erros da inexperta zaga visitante para ir ampliando a renda.

”Moito traballo por facer, moito que traballar nos adestramentos e sobre todo mellorar o aspecto físico”, valoran dende o Ameixenda, que polo menos conseguen xuntar 17 xogadores nos adestramentos.

 

Seaia - Malpica (2-3)

  • Seaia: Anxo, Mario, Suárez, Martín Costa, Alex Mato, Camilo, Martín, Luisma, Sergio Bastón, Anxo Pose e Charro. Tamén: Senén, Añón, Sergio e Juni.
  • Malpica: Lamas, Jorge Parga, Raúl, Villar, Aitor, Samu, Paco, Alberto Hombre, Fran, Aday, Ibra. Tamén: Fer, Rafa, Cristian, Canario e Lou.
  • Goles: 0-1, m.26: Ibra; 0-2, m.34: Paco; 1-2, m.58: Charro; 2-2, m.90: Charro de penalti; 2-3, m.93: Ibra.

Disputado derbi en Pedra Queimada, co emoción e moita deportividade ata o pitido final no que foi unha fermosa festa do fútbol malpicán. Comezou o cadro de Miguel Ángel Rodríguez moi ben asentado, ante un Seaia que pecou de falta de intensidade e que tivo varios erros na primeira metade, permitindo que Ibra e Paco abrisen o marcador. Puido sentenciar o equipo visitante na segunda con dous balóns á madeira de Ibra e Alberto Hombre, pero os de Óscar Moscoso cambiaron radicalmente e comezaron a apretar e Charro, a fichaxe do curso na categoría, conseguía empatar o partido. Era o tempo de desconto, pero aínda o Malpica gardaba un arreón e no longo desconto Ibra daba os primeiros puntos a un Malpica que quere esquecer a mala campaña pasada.

SCD Malpica celebrando a primeira vitoria
O SCD Malpica celebrando a primeira vitoria

Oza - Lira (1-0)

  • Oza: Brais, Alex Moreno, Casais (Vilariño), Alberto, Iago Rodríguez, Lavandeira, Alex Freire, Edu (Abib), Iván Mato (Diego), Nacho e Nico.
  • Lira: Raúl, Isaac, César, Cartamil, Rui, Gael, Juan Formoso, Miguel, Rubén, Isma Senande, Ángel Golpes. Tamén: Alexis, David, Arón e Roberto Amoedo.
  • Gol: 1-0, m.71: Abib tras unha xogada de Nacho.

Moita auga no Carral para o choque entre carballeses e lirachos. Partido típico de empate, con dúas partes diferenciadas, que se decantou polo cadro local. Os locais dominaban algo máis, pero os de Tano e Roberto Amoedo (que este ano tamén xoga e de feito saíu na segunda metade, tiñan moito perigo nos balóns colgados. Aí estiveron ben defensivamente os de Míchel, que souberon salvar as embestidas lirachas nun partido intenso pero sobre. Puido caer para calquera lado pero foi Abid, que entraba na segunda, o que decantaba os puntos para os da casa.

 

At. Pereiriña - Zas (0-4)

11 do Pereirina 23-24-Foto-Noe Tourinan
11 do Pereiriña -Foto-Noe Touriñán
  • Pereiriña: Isma Antelo, Eloy, Fabián Agulleiro, Diego Oca, Adrián Ozón, Tebo, Pablo Trillo, Maelo, Miguel, Martín e Tito. Tamén: Tono, Brais Lagoa, Jicho, Roy e Charly.
11 do Zas 23-24-Foto-Noe Tourinan
11 do Zas -Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Anxo, Darío, Peke, Marcos, Adri, Brais, Juan, Andrés, Lucas. Javi Suárez. Tamén: José, Álvaro, Iván, Rony e Eloy.
  • Goles: 0-1, m.12: en propia; 0-2, m.22: Lucas; 0-3, m.67: Juan; 0-4, m.76: Juan.

Pon este Zas de Ordóñez a súa candidatura enriba da mesa, coas fichaxes de Peke ou do pichichi do curso pasado, Lucas Caamaño, que acompañará a Javi Suárez nunha dianteira diabólica. O cadro zaseiro, co vento a favor, foi superior na primeria metade aos de Joaquín Quintáns, e se lle puxo de cara o partido cun tanto en propia meta á saída de córner, e cun tanto de Lucas nunha internada por banda esquerda tras un bo cambio de xogo de Brais. Pouco despois quedaban os zaseiros con 10 trala expusión de Pereiras, tendo que meter Ordóñez a Adri baixo paus. Sufríu ata o descanso o Zas as embestidas do cadro ceense.

Nada máis comezar a segunda, xa con menos vento, o equipo local quedaba tamén con 10, e a base de calma e toque de balón, o Zas foi calmando as súas embestidas. Arriscaron e á contra, sentenciaba Juan.

 
Pereirina-Zas-Foto-Noe Tourinan 2
Foto-Noe Touriñán

Crónicas da 3ª Galicia

MÁIS INFO

Comentarios