Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As Ligas da Costa rematan o ano tinguidas de verde e azul

As Ligas da Costa rematan o ano tinguidas de verde e azul
Esteirana-Soneira-Foto-Ricardo O Esteirana-Soneira, un dos partidazos da xornada-Foto-Ricardo Remata o 2018 e fíxoo cun fermoso carrusel dominical en www.futboldacosta.com cheo de intensidade e emoción. Un carrusel que deixou un partidazo en Esteiro, e unha Liga da Costa que viu como nos últimos minutos propiciaba un novo cambio de líder. Deste xeito, os temos tres líderes costeiros, dous de verde e un de azul. Todo nunha fin de semana na que os cromos, despois da Gala de presentación, xa estiveron rulando polas cantinas dos nosos campos.

Un derbi en Preferente

Sofan-Xallas no Carral-Foto-SD Ambientazo no Sofan-Xallas no Carral-Foto-SD Ambientazo no Carral, cheo de rapaces ademais, para acoller un clásico derbi xa da división autonómica. Foi un partido divertido a pesar do resultado, cheo de alternativas que rematou sen goles de milagre porque tanto uns coma outros tiveron ocasións para abrir a lata. Ao final xusto empate que deixa aos dous equipos na zona media, con 30 puntos o Sofán na 7ª praza, e con 26 puntos o Xallas na 11ª, pero sen opción a despistarse, pois esa zona morna ten 12 equipos en apenas 9 puntos.

1ª: "Concentración e vitoria". E derbi de tolos

O Fisterra remata o ano lider copia O Fisterra remata o ano líder trala súa fin de semana de concentración Ao puro estilo 1ª División, este Fisterra rematou o 2018 dun xeito impecable. Os de Ángel Canosa disfrutaron dunha fin de semana de concentración en Lalín, cunha sesión de spa na tarde do sábado, unha cea, dormida… e un domingo con almorzo, comida e… vitoria. Toda unha demostración de como o Monchi de Fisterra, o Tolo, coida os seus rapaces. E responderon, vaia se responderon, sumando a súa 6ª vitoria consecutiva e rematando o ano de líderes con 3 puntos sobre o Flavia. A xornada tiña un dos puntos de atracción en Esteiro onde se celebraba un importante derbi de urxencias. Partido de tolos no Xosé Luís Vara, con alternativas constantes no marcador e no xogo. Foi, en todo caso, un choque con moitos goles pero pouco fútbol, no que reinaron os regalos por ambos partidos e que puido caer para calquera dos dous lados e no que o porteiro visitante Javi salvou aos seus. Segue a Esteirana sen ter sorte necesaria para gañar un partido. Adiantábase o cadro local moi pronto por medio de Elías, pero en 10 minutos Adrián Pose dáballe a volta ao marcador. Sen tempo, Rober Pladur empataba. Na segunda colocábase de novo a Esteirana por diante da man de Álex Rama, pero Madiop empataba a 10 para o final. Rober Pladur marca de penalti no derbi entre Esteirana e Soneira-Foto-Ricardo Rober Pladur marca de penalti no derbi entre Esteirana e Soneira-Foto-Ricardo Polo demais, o Baio deixouse remontar un choque que tiña de cara ante o Chaián, e permite que o Dumbría, que vencía con solvencia ao Piloño, remate o ano a tan só 1 punto dos baieses, ambos na zona media-alta. Dumbria remata ben o ano O Dumbria remata o ano en liña ascedente

2ª: Novo cambio de líder… cara o azul

Muros-Mazaricos O Muros conseguiu empatarlle e quitarlle o liderato ao Mazaricos No min.90 cambiaba de líder a Liga da Costa para pechar o 2018. Estaba o Mazaricos vencendo en Muros, cando Xavi empataba para o Muros dende os 11 metros, facendo que o cadro amarelo ceda o último liderato do ano ao Corme, repetindo o “trasvase” das últimas semanas no máis alto. Foi o de Muros un partido moi igualado, que serve de cura de humildade para un Mazaricos que fixo o peor partido do curso. O cadro muradán saíu ben armado atrás que buscaba os balóns longos, buscando a Xavi, que pronto ariría o marcador. Non tardaría empatar Iago para o Mazaricos nun choque que non tiña demasiadas ocasións. Non cambiaba o guión na segunda, pero era o Mazaricos o que se adiantaba por medio de Piki, aproveitando unha falta sacada on picardía. Pero o Muros non se deu por vencido, loitou ata o final e atopou o premio na última xogada e de penalti (de novo por Xavi), para sumar un punto que, se ben non resolve a súa complicada situación, si que serve para acabar o ano en positivo. Juan Fuentes .autor do primeiro gol da S.C.D.Malpica-FotoFUentes Juan Fuentes, autor do primeiro gol da Malpica ante o Ponteceso-FotoFUentes En Corme, o novo (de novo) líder non perdía a ocasión e goleaba ao San Lorenzo. O que non aproveitou o tropezo mazaricán foi o Ponteceso, que fica na 3ª praza, nun partido ante o Malpica que comezaba cun sentido minuto de silencio polo patrón da embarcación Silvosa, falecido a semana pasada no mar de Malpica. O empate deixa ver o que foi o partido, cun Malpica que se adiantaba cun cabezazo de Juan Fuentes e unha fermosa falta de Dani Casal. AO fío do descanso, unha pena máxima permitíalle a Matías recurtar. A segunda parte tivo claro dominio pontecesán, cun Alberto Recarey que se fixo o dono do medio campo. Iván sería o autor do empate pontecesán. Outro dos partidos importantes da zona alta disputábase en Arliña, entre o 4º e o 5º. Non deu opcións o Muxía ao Volantes, que chegaba con moitas baixas e que, ademais, despois de aguantar a primeira metade, fixo un par de regalos que os muxiáns non perdoaron. Ademais, na zona baixa, vitorias importantes de Lira, Zas e Buño ante Ameixenda (que segue afundido na táboa); Cerqueda (mantense sen apuros) e Baíñas (sempre capaz do mellor e do peor), que lles permiten respirar. O empate entre Cee e Montelouro de pouco lles serve a ambos. Imaxe do intenso Cerqueda-Zas-Foto-UD Imaxe do intenso Cerqueda-Zas-Foto-UD

3ª: de cor verde

Coristanco, líder da 3ª e única equipo invicto do Fütbol da Costa Coristanco, líder da 3ª e única equipo invicto do Fütbol da Costa De clara cor verde é a 3ª Galicia. O Coristanco remata o curso sendo o único equipo do Fútbol da Costa que non coñece o sabor da derrota. 8 puntos saca tras vencer ao Porteño con rotundidade, nun partido traballado, como os que sempre saca adiante o cadro de Eloy. Remata o ano o Cabana en postos de ascenso directo tras golear ás Baleas, pero cun só punto sobre o Castriz. O Outes deu un paso cara a promoción e se afianza ras vencer ao Castrelo, que sufríu unha derrota que non foi quen de aproveitar nin Nantón nin Laxe, que empataron e se manteñen aínda a 2 e 3 puntos desa 6ª praza que marca a promoción. castrelo foi de menos a mais copia O Castrelo vén de máis a menos

FUTFEM

Non sentou ben deixar de adestrar para os dous equipos do fútbol feminino, que deberon ficar demasiado desconcentradas cos cromos que caeron nos seus últimos partidos do ano. Derrotas que non empañan a súa grandísima campaña.

Base

Non foi bo o remate de ano, pero non empaña o grandísimo comezo de curso dos dous Dumbrías das Ligas Galegas Xuvenil e Cadete. Nas Ligas comarcais segue moi igualada a Liga Xuvenil, cun Corme que volvía vencer tras varios tropezos que igualaron a táboa.Fíxoo goleando ao Laxe e xogando con 8 xogadores, tantos como viñan os laxeiros. Non fallaron o Sofán nin os Miúdos nin o Cabana, que vencía un dos choques directos ante o Soneira. No outro, o Fisterra foi superior á Esteirana apretando máis a táboa. En Cadetes, o sorprendente Zas está demostrando unha gran superioridade, e suma 5 puntos máis que o potente Cee, e 6 que Outes e Sofán, dominadores todos dos últimos anos. En Infantís, Dumbría e Xallas protagonizan unha fermosa loita.

Veteranos

Se o Soneira quedou campión de inverno, é o San Lorenzo o que pasará as vacacións de líder tras vencer á Piña e aproveitar a derrota do Soneira ante o Dumbría.  

Novas relacionadas

Comentarios