domingo. 25.01.2026
El tiempo

A Asociación de Clubs de Fútbol Afeccionado da Costa presenta a súa folla de ruta este luns en Santa Comba

Asociación de Clubs de Fútbol Afeccionado da Costa, ASFACOS
Asociación de Clubs de Fútbol Afeccionado da Costa, ASFACOS
A Asociación de Clubs de Fútbol Afeccionado da Costa presenta a súa folla de ruta este luns en Santa Comba

A Asociación de Clubs de Fútbol Afeccionado da Costa, ASFACOS, inicia o ano 2026 cunha clara aposta pola organización e o crecemento do fútbol na contorna. Este luns ás 20:00h, a asociación, presidida por Vinto Tajes, realizará unha Asemblea Xeral aberta para definir as estratexias ata fin de tempada.

Baixo a presidencia de Vinto Tajes, a reunión, que contará coa presenza de toda a Xunta Directiva é a cal están invitados tódolos clubs da liga da costa, servirá para presentar as liñas mestras que rexerán a actividade da asociación durante os vindeiros meses.

O presidente de ASFACOS, Vinto Tajes, destacou a importancia deste encontro: "Estamos nun momento de consolidación. O obxectivo desta asemblea non é só cumprir cos estatutos, senón escoitar aos nosos socios e construír xuntos un proxecto sólido que beneficie a todos os clubs que representamos". A orde do día incluirá a revisión das actas, a presentación do estado de contas e, sobre todo, a planificación de eventos e actividades que dinamizarán o fútbol local neste 2026, entre as que destacan un calendario de charlas formativas, a creación dunha publicación propia ou o nacemento do torneo estival de pretempada ASFACOS, entre outras.

Dende a directiva, faise un chamamento á participación activa para seguir fortalecendo o tecido asociativo do noso deporte.

Comentarios