O At. Carballo marcha directo cara o título de Veteranos

Hai apenas un mes, na xornada 18, o San Ramón freaba ao Atlético Carballo endosándolle a primeira derrota nos seus 39 partidos ligueiros da súa historia, e alcancánzoo na táboa. Pero o que parecía que ía ser un final de liga emocionantísimo, pronto se torciu.
Despois de dúas vitorias, o cadro chegaba a Cances na xornada 21 con moitas baixas e apenas 13 xogadores e dous lesionados, perdendo ese partido por 2-1. A partir de aí xa se deixaron ir un pouco, continuando con moitas baixas e ao entender moi complicado que o Atlético se deixe algún punto no que resta de Liga. Se ben venceron ao Razo, este pasado domingo caeron en Mazaricos, mentres o Altético goleaba a todo un Sporting Zas e ten xa 6 puntos de marxe a falta de 3 xornadas máis a aprazada en xaneiro polo temporal, que se disputará .
Así, se o Atlético vence esta semana en Verdillo, o cadro carballés daría un paso de xigante para ser, por primeira vez, campión da Liga da Costa de Veteranos, protagonizando unha andaina impecable nos seus dous anos de vida.
Veremos como quedará a cousa para a Copa da Costa, contrapoñendo as inercias desta campaña co doblete do ano pasado do San Ramón.
Final de Liga da 1ª DIvisión
Este domingo xogase a penúltima xornada da Liga da 1ª División, pendentes da xornada aprazada polo temporal. Co Castriz e Oza xa ascendidos dende hai semanas, e cos Buño e Malpica xa clasificados para a promoción, queda só pendente a loita pola 5ª e a 6ª praza. Con todo, o Buño ou ao Malpica xóganse a 3ª praza no choque de Pedra Queimada. Os oleiros suma 3 puntos máis que os pescos, pero unha vitoria do Malpica envorcaría a clasificación tralo 2-4 da ida en Xaviña.
Robin Mallo (SD Oza) perfílase como máximo goleador da liga regular con 24 tantos, por duante de Christian Buitrago (Soandres), con 17.