O San Ramón frea ao Atlético Carballo e lle endosa a primeira derrota en liga da súa historia

Despois de 39 xornadas de historia, chegou a primeira derrota en liga do At. Carballo. O cadro carballés nacía a temporada pasada e remataba con 22 vitorias en outros tantos partidos (135 goles a favor e 18 en contra) conseguindo o ascenso pola vía rápida.
Foi precisamente o San Ramón, xa case erixido como a súa besta negra, o que eliminou ao At. Carballo na Previa da Copa do ano pasado, unha copa que acabou gañando o cadro larachés, conseguindo un doblete espectacular.

E este pasado domingo ambos equipo se enfrontaban na Porta Santa. Os carballeses chegaban 3 puntos por arriba, despois dunha primeira volta moi parella decidida pola vitoria dos carballeses na ida por 2-0.
Pero este domingo o San Ramón saldouse a súa vinganza vencendo por 3-1 ao Atletico, con goles de Javi Alonso (2) e de David Pouso. Antes do descanso, Alex Figueiras recurtara para os carballeses, que finalmente non puideron acadar o empate.
Quedan agora 8 xornadas para o remate desta fermosa División de Honra, e todo en xogo, mesmo co golaveraxe como arma, loita na que os granates parten con certa vantaxe, como podedes comprobar na táboa en www.futboldacosta.com.
Na parte baixa da D.H., o Cabana está pechacancelas, e Corme e Coristanco pelexan con Mazaricos e Cances (que ten 3 puntos por sanción) por evitar as 3 prazas de descenso.
Mentres, na 1ª Div., cando só faltan 6 xornadas para o final da liga, Oza e Castriz perfílanse como equipos favoritos para alcanzar o ascenso directo, con permiso do Buño.
Máis novas