O San Ramón completa o seu ano dourado co título Copa da Costa de Veteranos

19:52 26/05/24
Fixo boas as quinielas o San Ramón na final da Copa da Costa de Veteranos celebrada esta mañá de domingo 26 de maio en San Andrés, Zas. O actual campión da División da Honra superou ao Dumbría Vet. por 0-2 e celebra así o doblete.
Volveron ser chave os irmáns Juni e Alejandro, con dous tantos, no 58 e no 77, que foron suficientes para superar a un bo Dumbría.