Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Aumenta a ilusión arredor do Álbum de cromos do Fútbol da Costa

Sacando fotos en Ponteceso para o album de cromos do Futbol da Costa
Sacando fotos en Ponteceso para o álbum de cromos do Futbol da Costa
Aumenta a ilusión arredor do Álbum de cromos do Fútbol da Costa

Está sendo un mes complicado pola meteoroloxía, pero xa queda moi pouco para termos todas as fotos dos máis de 1.600 nen@s que serán protagonistas do Álbum do Fútbol da Costa 2023/2024. Unha iniciativa desenvolta por QPC e a empresa especializada en cromos Sportcrom, que xa está a ser ser unha verdadeira revolución social na comarca.

105 equipos de 20 clubs formarán parte deste soño feito realidade, que permitirá que máis de 1.600 rapaces e rapazas poidan coleccionarse a si mesm@s e @s súas compañeir@s.

Queda moito traballo de edición, preparar os puntos de venta, conseguir patrocinadores e regalos para que os completen, esperando poder saír arredor do Nadal, e volver repartir ilusión por toda a comarca.

A historia dos Álbumes da Costa

A Papeleria Vidu un bo punto de venta do Album do Futbol da Costa
A Papeleria Vidú, un dos puntos de venda fixos do álbum da Costa

Dende a tempada 2013/2014 leva o diario QPC realizando estes álbumes comarcais únicos no país. Ningunha zona de Galicia ten estes álbumes que aglutinan a todos os clubs dunha zona.

Despois de facer dous álbumes de categoría sénior, fixemos en 2018/2019 o primeiro de fútbol base, sendo un auténtico éxito. Parecíamos os Reis Magos naquela xira de presentacións dos álbumes por toda a comarca.

Presentacion do Album de Cromos en Fisterra
Imaxe da presentación do Álbum de Cromos de 2018/2019 en Fisterra

Na 2021/2020 realizamos o primeiro álbum do Fútfem da historia do país, un auténtico fito para o noso deporte feminino.

Gala do Album de Cromos do FútFem Galego
Imaxe da Gala de presentación do pioneiro Álbum de Cromos do FútFem Galego

Agora, 5 anos despois da primeira experiencia co canteira costeira, e notando un impresionante incremento no número de fichas de xogadores, e sobre todo xogadoras, mergullámonos nesta nova aventura.

SEGUIR AS NOVIDADES DO ÁLBUM AQUÍ

Comentarios