O Bar Rosalía non fallou e proclamouse campión da Liga FS Carballo

Bar Rosalía
Non fallou Bar Rosalía de Ponteceso e puido alzarse co título de campión da Liga de FS de Carballo cunha xornada de marxe. O cadro pontecesán venceu ao veciño Autocares J. Pombo cos tantos de Josiño, Aitor e Isra non deixando marxe aos rivais. A falta dunha xornada só cedeu unha derrota (ante Cervecería Bombonera) e un empate (ante o propio Autocares Pombo) sumando 9 vitorias no seu haber.

Ademais, a xornada deixou un empate a 3 entre Bombonera e Asesoría Afico (cos tantos de Gonzalo e Hugo Fraga (2) para os primeiros e Roberto Rancaño e Adrián Puga (2) para Afico) que lle permite á cervexería carballesa, tras unha gran remontada, abandonar a última praza e superar a Brasería Carballo, que caía ante o Xanelas XP.

Novas relacionadas