O Bar Rosalía non fallou e proclamouse campión da Liga FS Carballo
12:32 30/03/23
Non fallou Bar Rosalía de Ponteceso e puido alzarse co título de campión da Liga de FS de Carballo cunha xornada de marxe. O cadro pontecesán venceu ao veciño Autocares J. Pombo cos tantos de Josiño, Aitor e Isra non deixando marxe aos rivais. A falta dunha xornada só cedeu unha derrota (ante Cervecería Bombonera) e un empate (ante o propio Autocares Pombo) sumando 9 vitorias no seu haber.
Ademais, a xornada deixou un empate a 3 entre Bombonera e Asesoría Afico (cos tantos de Gonzalo e Hugo Fraga (2) para os primeiros e Roberto Rancaño e Adrián Puga (2) para Afico) que lle permite á cervexería carballesa, tras unha gran remontada, abandonar a última praza e superar a Brasería Carballo, que caía ante o Xanelas XP.
Novas relacionadas
- 21-03-2023: Liga FS Carballo: O Bar Rosalía sentenza a Liga a pesar de caer ante unha renovada Bombonera.
- 15-03-2023: Liga FS Carballo: O Dolce&Café apreta ao Rosalía.
- 09-03-23: O Bar Rosalía voa.
- 08-02-23: O Bar Rosalía escapa
- 01-02-23: Bar Rosalía e Dolce&Café comandan a táboa da Liga FS de Carballo.
- 11-01-23: Só dous equipos invictos trala disputa da 3ª xornada da Liga de FS Carballo.
- 04-01-23: Asesoría Afico e Dolce&Cafe comezan a Liga de FS de Carballo con vitoria: