Liga FS Carballo: O Dolce&Café apreta ao Rosalía

O Bar Rosalía segue sendo líder virtual da competición trala disputa da 11ª xornada da Liga de FS de Carballo, á expensas do que suceda nos encontros adiados e que se disputan este xoves. O Dolce&Café, lider actual da Liga segue de cerca ó Bar Rosalía pero con dúas derrotas no seu haber, e que lle complica manter o liderato.
Por abaixo, o Brasería Carballo e o Cervecería Bombonera pechan a clasificación ambos cunha vitoria.

Na xornada deste pasado luns, Autocares J. Pombo venceu 3-1 á Brasería Carballo, cos tantos de Francisco Santiago, Fernando Rey e José M. Varela para os vencedores e o de Brais Rey para a Brasería.
Non fallou o Dolce&Café, que goleou 7-1 ao Asesoría Afico. Marcaron Diego Pérez (3), Pedro Mourón (3) e Marcos Andrade, polo tanto de Martín Castro para o Asfico.
E finalmente, no último choque, o Xanelas XP venceu 3-5 ao Cervecería Bombonera. Pola Bombonera marcaron Adrián Tobío, Ignacio Pose e Hugo Fraga; mentres que polo Xanelas XP os tantos foron obra de Fernando Varela (2), Alejandro Collazo (2) e Martín Pombo.
Novas relacionadas
- 09-03: O Bar Rosalía voa.
- 08-02-23: O Bar Rosalía escapa
- 01-02-23: Bar Rosalía e Dolce&Café comandan a táboa da Liga FS de Carballo.
- 11-01-23: Só dous equipos invictos trala disputa da 3ª xornada da Liga de FS Carballo.
- 04-01-23: Asesoría Afico e Dolce&Cafe comezan a Liga de FS de Carballo con vitoria: