Liga FS Carballo: O Bar Rosalía sentenza a Liga a pesar de caer ante unha renovada Bombonera
Emoción máxima na xornada deste pasado luns. Sobre todo despois de que o líder, o Bar Rosalía, caese por sorpresa o pasado venres nun partido que fora adiado no seu día. Dúas incorporacións de última hora no equipo da Cervecería Bombonera, Alejandro López e Aarón Casás, permitían que o pechacancelas puidese co líder, por un apretado 5-3.
Pero a xornada do luns, a 12ª, deixa o camiño aberto para que o Rosalía cante o alirón na xornada deste xoves ante o Autocares J. Pombo. O Rosalía non fallaba ante o Xanelas XP, vencendo 2-1 gracias ao doble de Isra Docamo, que superaba o gol de Nando Varela. O que non facía os deberes era o Dolce&Café, que caía 3-2 ante o potetne Autocares J. Pombo, gracias aos tantos de Francisco Santiago, Fernando Rey, e José Castro (1). Os tantos de Dieguito e Pedro Mourón non chegaron para apretarlle ao Rosalía de cara ás dúas últimas xornadas. Queda moi aberta agora a loita pola 2ª praza.
Pola parte baixa, o Brasería Carballo lograba unha ampla vitoria contra o Asesoría Afico que lle permite volver a recuperar un posto e deixar de ser o último clasificado, posto que ocupa o Cervecería Bombonera pesa á vitoria obtida contra o lider no partido que tiña pendente de disputar. Caída libre do Asesoría Afico que non é quen de recuperarse e segue sin sumar puntos unha semana máis.
Novas relacionadas
- 15-03-2023: Liga FS Carballo: O Dolce&Café apreta ao Rosalía.
- 09-03-23: O Bar Rosalía voa.
- 08-02-23: O Bar Rosalía escapa
- 01-02-23: Bar Rosalía e Dolce&Café comandan a táboa da Liga FS de Carballo.
- 11-01-23: Só dous equipos invictos trala disputa da 3ª xornada da Liga de FS Carballo.
- 04-01-23: Asesoría Afico e Dolce&Cafe comezan a Liga de FS de Carballo con vitoria: