Os candidatos ao Premio FUTGAL ao 11 Ideal Masculino son…
Tras coñecer os primeiros nominados, e @s Pichichis e Pombos que xa teñen asegurado o seu balón da Olería de Buño, seguimos coñecendo a lista de finalistas que terán que estar, si ou si, na Gala do Fútbol da Costa -QPC que se celebra este venres 12 ás 20:00h no Centro Cultural e Xuvenil de Muros.
Hoxe traemos xa a serie de porteiros, defensas, medios e dianteiros nominados ao Premio FUTGAL ao 11 Ideal Masculino. Como saben escollidos a través da votación de 80 persoas do noso fútbol costeiro, 2 persoas por club e unha serie de xornalistas da zona.
Estes son os candidatos a formar parte no 1-3-4-3 ideal, que será a base do Combinado QPC que participará no vindeiro Torneo Solidario como o do pasado Nadal no Irmandiño:
Finalistas ao Mellor Porteiro
- Rodri (CD Baio)
- Iván Bouzón (Muxía CF).
- Iván Couto (Xallas FC).
Os tres recibiron a meirande parte dos 80 votos emitidos, pero tamén apareceron Suso do Malpica, Xandre do Muros, Joselu do Fisterra, Mariolo do Porteño ou Anxo do Dumbría.
Finalistas aos Mellores Defensas
- Carlos Costa (Muxía CF)
- Breixo (CF Dumbría)
- Alex Sánchez (SD Sofán)
- Brais Mouzo (CF Porteño)
- Aarón (CF Dumbría)
- Samu Lozano (SD San Lorenzo)
Ademais dos nominados, houbo case 60 defensas votados, entre os que podemos destacar aos Berto (Dumbría), Damián García (Malpica), Javi Álvarez e Izán do Sofán, Luca (Ponteceso), Norberto do Baio, Antón Pose (Muxía) ou Jonathan Fraga (Coristanco).
Un chanzo máis abaixo, pero aínda con impacto nas votacións, atopamos grandes nomes como Michael (Muxía), Dani Becerra (Sofán), Marcos Mouro (Castriz), Sergio Ferreiro (Cabana), Iván Fdez. (Sofán B) ou Alberto Campos (San Lorenzo).
Finalistas aos Mellores Centrocampistas
- Alberto Recarey (SD Ponteceso)
- Mauro Romaní (Muxía CF)
- Toni (CF Dumbría)
- Richi (Soneira SD)
- Doro (Xallas FC)
- Manu Nogueira (Muxía CF)
- Baba (CF Porteño)
- Aday Mato (SDC Malpica)
Ademais de ser unha votación moi apretada entre os 8 candidatos, aquí tamén houbo preto de 50 xogadores que recibiron algún voto. Entre os destacados, quedaron Garci do Malpica), Sandelo do Porteño, Alex Taibo do San Lorenzo. Tamén bastantes votos xogadores como Hugo Fraga (Oza), Bryan (Xallas) e Iago (San Lorenzo); ou os Pablo Garrido (San Lorenzo); Iago Lema (Corcubión), Pazos (Baio), Adrián Alcaina (Muxía) ou Marcos Montero (Sofán).
Finalistas aos Mellores Dianteiros
- César Lojo (UD Corcubión)
- Diego Estévez (CF Dumbría)
- Brais Fontenla (Cabana SD)
- Bruno (Porteño CF)
- Mario (Camariñas FC)
- Fran Moreira (Muxía CF)
Ademais destes 6 cracks, tamén recaeron numerosos votos en nomes como Isaac Fábregas, que quedou ás portas de entrar, igual que Javi Pérez do (San Lorenzo). E un pouco máis abaixo, quedaron os MC, Pablo Pose ou Julián do Sofán.
O venres, a iso das 21:30h coñeceremos que forma o 11 Ideal FUTGAL!
Máis novas da Gala