xoves. 04.06.2026
El tiempo

Jose Manuel Mira e Óscar Leis conducirán a Gala do Fútbol da Costa-QPC

Oscar Leis e Josino Mira seran os presentadores da Gala do Futbol da Costa QPC
Óscar Leis e Josiño Mira cun dos balóns da Olería de Buño
Jose Manuel Mira e Óscar Leis conducirán a Gala do Fútbol da Costa-QPC

Queda pouco máis dunha semana para que este venres 12 de xuño, o auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolla a XI Gala do Fútbol da Costa - QPC. Os balóns da Olería de Buño están saíndo do forno, e os nosos presentadores están coidando as súas gorzas para que todo saia ben.

Este ano temos dúas das voces máis futboleiras da comarca ao mando de operacións. Jose Manuel Mira, a voz do fútbol costeiro na Radio Nordés-Cadena Ser, será o presentador, e estará acompañado polo noso Óscar Leis. Despois de locutar a final da #CopadaCosta, e de dirixir con mestría as xornadas formativas organizadas por QPC e a RFGF este curso, Leis acompañará a Josiño na entrega dos máis de 40 premios, aportando o seu coñecemento como unha das voces máis coñecedoras do fútbol costeiro, e o seu toque de humor.

Máis novas

Comentarios