E os finalistas ao Premio Lucas Vicente Vidal ao Árbitro do Ano son…
18:16 09/06/26
Estamos a martes e queda pouco para que este venres ás 20:00h arrinque a XI Gala do Fútbol da Costa - QPC!! Así que toca ir debullando quen son os finalistas. Entre hoxe e o xoves iremos debullando quen son os candidatos a levar os prezados balóns da Olería de Buño para as súas estanterías.
Comezamos co Premio Lucas Vicente Vidal ao Árbitro do Ano, lembrando un ano máis ao noso benquerido cormelán. Un premio escollido polo propio colectivo arbitral a través dunha elección na que participaron 53 de 72 colexiados que hai na subdelegación costeira.
Os finalistas ao Premio Lucas Vicente Vidal ao Árbitro do Ano:
- Alfonso Caamaño (Coristanco, 2005). Arbitrando desde o 2019, actualmente en 1ª FUTGAL, foi o recente colexiado da final da Copa da Costa masculina.
- Diego Grille Landeira (Carballo, 2005). Arbitrando dende 2022, actualmente en 1ª FUTGAL.
- David Castro Varela (Ponteceso, 2004). Arbitrando dende 2024, actualmente en 2ª FUTGAL.
O venres veremos quen colle o relevo de David Castreje, gañador na pasada edición.







