sábado. 06.06.2026
El tiempo

Estes son os Patrocinadores da XI Gala do Fútbol da Costa - QPC

Patrocinadores da Gala do Futbol da Costa 2026
Estes son os Patrocinadores da XI Gala do Fútbol da Costa - QPC

Seguimos avanzando cara a XI Gala do Fútbol da Costa - QPC, que se celebrará o vindeiro venres 12 de xuño en Muros. Hoxe temos que facer parada e dar a coñecer os Patrocinadores que fan posible este evento que serve para poñer o broche de ouro para unha temporada espectacular.

Ademais da colaboración do Concello de Muros, a Real Federación Galega de Fútbol, a ED Os Miúdos e a ONG Egueire, damos as gracias a todos os patrocinadores que farán entrega dos seguintes premios:

Premios escollidos por votación

Os patrocinadores dos premios escollidos por votación, dos que anunciaremos os nominados a comezos de semana, son:

  • Premio FUTGAL ao 11 Ideal Masculino
  • Premio MAQUISABA ao 11 Ideal FEM
  • Premio CRISTALERÍA VILAS á Mellor Directiva
  • Premio RESTAURANTE DÁLVARO ao Mellor Adestrador MASC
  • Premio AUTOCARES J. POMBO ao Mellor Adestrador/a FEM
  • Premio ESTEBAN BLANCO ao Mellor Xogador
  • Premio APLIGASA ao Mellor Xogadora
  • Premio PLAIA DAS LANCHAS ao Mellor Equipo Masculino
  • Premio AS BALEAS ao Mellor Equipo Feminino
  • Premio SAUNIER DUVAL ao Delegado do ano

Premios xa perfilados

  • Premio RAMACAR ao Pichichi das Pref. e 1ª FUTGAL: Fran Moreira (Muxía)
  • Premio MÁIS DEPORTE ao Pichichi da 2ª FUTGAL: Bruno (Porteño)
  • Premio CMA CONSTRUCCIÓN ao Pichichi da 3ª FUTGAL: Pablo Pose (Coristanco)
  • Premio MOBLERÍA E COLCHONERÍA CARRASCO á Pichichi do #FUTFEM: EVA LEMA (Muxía)
  • Premio Pombo ASFECO ao Porteiro Menos Batido da Pref. e 1ª FUTGAL: Iván Bouzón (Muxía)
  • Premio Pombo JOCAR ao Porteiro Menos Batido da 2ª FUTGAL: Rodri (Baio)
  • Premio Pombo IVÁN VILANOVA & INSUA ao Porteiro Menos Batido da 3ª FUTGAL: Benji (Oza)
  • Premio Pombo O MONCHO BURGUER á Porteira Menos Batida do #FUTFEM: Desi (EF Juan Cabrejo)

Ademais, a Gala entregará os premios especiais:

  • Premio Especial Abdoulaye de Fútbol Base (escollido por votacón)
  • Premio Lucas Vidal ao Árbitro do ano (escollido por votación do colectivo arbitral).

Máis novas da Gala

Comentarios