A Gala sorteará gracias a ASFACOS varias camisetas dos clubs do Fútbol da Costa
Xa contamos que a IX Gala do Fútbol da Costa-QPC que se vai celebrar este venres 12 de xuño en Muros vai ter unha vertente solidaria. Imos vender rifas para recadar fondos para o proxecto no que levamos todo o ano colaborando coa ONG Egueire, e que axudará a erguer un comedor escolar en Ebunou, unha pequena vila costeira do sur de Costa de Marfil.
Para iso, ademais de varios elementos de artesanía africana, da man da ASFACOS, a Asociación de Clubs do Fútbol da Costa, sortearemos unha vintena de camisetas doadas polos clubs da comarca á entidade, a cal agradecemos encarecidamente a súa colaboración e implicación.
Deste xeito, se ves á Gala que pecha o final de curso, igual marchas cunha camiseta do equipo da túa vila, ou incluso dos colexiados costeiros!!




