Luns. 07.10.2024
El tiempo

A case xesta dos Jairo, Barcia e Brais

Xuvenis do Depor
Jairo, Barcia e Brais en imaxes do RCD.
A case xesta dos Jairo, Barcia e Brais

Máis de 20.000 citábanse onte en Riazor para ver un grupo de rapaces que estaban facendo historia. O equipo xuvenil do RC Deportivo recibía ao Dinamo de Kiev nos Dezaseisavos da UEFA Young League, a Champions da categoría, noutro pasiño máis da fazaña que protagoniza este grupo de xogadores que o pasado quedaron campións de España.

A xesta antollábase complicada ante un quipo que viña de eliminar a equipos como Barça ou Bayern de Munich. Pero aí estaba Riazor, coa mellor entrada do ano e superando todas as marcas de asistencia desta competición, para levar en volandas ao equipo.

E non defraudou o cadro de Manuel Pablo, indo polo partido dende o primeiro momento, e demostrando unha superioridade total sobte o terreo de xogo. Ata que lle deixaron, xa que no minuto 36, Rubén, un dos medioscentros do equipo que viña de facer o segundo tanto tras unha presión alta aproveitando un erro do porteiro, era expulsado.

Co 2-1, cambiou o partido. O equipo, que estaba plantado en campo contrario, co estadio tremendo coas cabalgadas messinianas de Mella, os canos de Yeremai, as xogadiñas de Noel, a hiperpresencia de Jairo, as intervencións de Brais, e a fortaleza de Barcia e Juan Rodríguez no eixe da zaga, tivo que virse atrás. Quedaba unha hora de partido, e o equipo aguantou cun home menos como unha auténtica xesta, tendo en conta as dimensións duns campo que para un equipo xuvenil fanse eternas.

Aguantaron ata que un tiro lonxanos dos ucranianos se colaba pola escuadra de Brais. Chegáronse aos 90 e os penaltis foron un pesadelo para os nosos, a pesar dun paradón do porteiro de raíces cormeláns.

Paradon de Brais Rodriguez
Paradon de Brais Rodriguez

Porque sobre o campo había ADN costeiro. O central internacional Dani Barcia, co que xa temos falado é de familia cabanesa.

Baixo paus, atopamos a Brais Suárez, cuios pais son de Corme. Tamén é cormelá a nai de Jairo, o mellor onte sobre o terreo de xogo, imperial no medio campo durante os 90 minutos. Ambos están moi vinculados á vila cormelá, onde pasan tempo sempre que poden, sobre todo no verán, coa pandilla de colegas da súa idade. De feito, moitos lembran a Jairo disputando no Cairo torneos de verán co equipo azulón.

Quedou fóra da convocatoria o fisterrán Hugo Baldomar, outro dos costeiros que deixan para a historia esta singradura europea.

Aí queda a primeira, esperemos de moitas, rolda de prensa de Brais:

Momentazo que queda tamén para a historia, ese “Terra” das Tanxugueiras que se emitiu nas pantallas, e con xogo de luces ao descanso:

Novas relacionadas

Comentarios