Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Cee Cadete, fronte o desafío do ascenso á Liga Galega

Union Club Cee cadete 21-22
O Cee Cadete, fronte o desafío do ascenso á Liga Galega

Esta fin de semana, unha das citas máis importantes para o Fútbol costeiro está nas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas. En Xuvenís o Cabana, malia caer na final de liga, afronta unha inesperada competición, tras descubrir que o Sofán non pode acodir polo convenio co Bergan. Os de Fernando, con moitos problemas de efectivos, visitan ao Amio nas semis na tarde do sábado.

En infantís, o Xallas de Eloy xoga ante o Bertamiráns na mañá dominical.

Pero hoxe queríamos centrar a atención nun UC Cee que vén de proclamarse campión tras unha semana de vertixe. Se ben acabou con 9 puntos de vantaxe sobre o Outes, o seu principal competidor (tamén Muros ou Cerqueda fixeron unha gran temporada), o título non se decidiu ata a última semana, na que se disputaron os dous choques directos (a ida ante o Outes fora aprazada no seu día por COVID). Deste xeito, o Cee sentenciou con dúas vitorias seguidas o título de campión.

Agora, o equipo de Abraham afronta a Fase de Ascenso ante o Noia, campión do grupo de Santiago, un equipo moi forte defensivamente, con só 15 goles encaixados en toda a temporada, e deixando na primeira fase os dous partidos a cero. “Toca empezar na casa, e afrontámola con moita ilusión”, explica o míster.

Abraham confía no seu longo plantel, do que “a forza está no grupo”. Por iso, gracias a ese grupo, puideron competir sempre ao máximo nivel a pesar de ter baixas continuas. “Confianza máxima teño neles”, asegura. “Clave vai ser o aspecto emocional, saber repoñerse dos momentos malos, e intentar minimizalos, e intentar maximizar os momentos bos”.

”Este grupo ademais xa leva xogadas varias fases de ascenso en distintas categorías, e este ano tivemos uns cuantos reforzos que nos permitiron fomentar a competitividade na propia plantilla sen que iso afectara o grupo, que está súper unido e ilusionado co que nos vén por diante. Así que pase o que pase, esperemos conseguir o que se merecen, pero o orgullosos que estamos deles e do seu traballo, eu coma adestrador o primeiro, non cambiará”, explica.

Non quere deixar de agradecer a colaboració do Sofán por cambiarlle a eliminatoria copeira, pero se todo vai ben, a semana que vén tocará doblar nas dúas competicións.

Un Cee que tamén goza da Fase de Ascenso á 1ª Galega Feminina, cun cadro de Rafa coas gañas de seguir avanzando e superar dúas eliminatorias máis.

Comentarios