Xuvenís: O convenio do Sofán co Bergan impídelle xogar a Fase de Ascenso Xuvenil. Irá o Cabana

Tras quedar campión da Liga Xuvenil, o Sofán non poderá acodir á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil por mor do convenio co Bergantiños CF.
Unha situación que descoñecía o cadro carballés, e que en calquera caso, vai recorrer unha vez que está presentando alegacións, polo menos para poder competir na Fase, e poder disfrutalo, aínda que non poida ascender. Teñen en conta os carballeses que o Bergan B ten posibilidades aínda de descender.
O Cabana S.D. como finalista, xa recibiu o aviso da RFGF para participar na Fase de Ascenso, e o cadro cabanés xa pensa en xuntar xente para a Fase, que comeza este sábado ante un dos campións da zona de Santiago, e para a Copa da Costa.
No estrano caso de que o Cabana non puidese asistir, tocaríalle á Esteirana.
Novas relacionadas
Máis info
- Os resultados das competicións ligueiras e o carrusel dominical en www.futboldacosta.com.
- Os resultados das Fases Finais e da Copa da Costa sempre actualizados en www.copadacosta.com.
- Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.