Unha charla coas mellores árbitras do país para a familia do FUTFEM costeiro
10:12 11/10/23
Este mércores 25 de outubro, o FUTFEM costeiro ten unha cita no Auditorio de Baio ás 20.30h. O subcomité arbitral da Costa da Real Federación Galega de Fútbol organiza unha charla con 3 das mellores árbitras do país, para que aquelas novas xogadoras que están empezando no fútbol non teñan dúbidas das regras de Xogo.
Estarán Beatriz Costa Arribas, Eugenia Gil Soriano, dúas colexiadas na máxima categoría nacional.
Estarán presentes Andrea Barbeira e Aisha, dúas das primeiras árbitras da historia do Fútbol da Costa, xunto con Minia Ferrío.