Xoves. 09.05.2024
El tiempo

FUTFEM: 5 goles polo aniversario

Barca celebrou o seu aniversario marcando 5 goles para o Muxia-Foto-marina Busto
Barca celebrou o seu aniversario marcando 5 goles para o Muxia-Foto-marina Busto
FUTFEM: 5 goles polo aniversario

Terceira xornada para as Ligas Femininas cos 16 equipos en competición. Variedade de resultados nesta 2ª para os Xallas, Cee e As Miúdas, se ben na Liga da Costa feminina cómpre destacar o partido de Barca Toba que anotaria 5 goles no dia do seu cumpleaños. As muxiás comparten o liderato cunha das grandes favoritas, o Dumbría, sendo os dous únicos que equipos que suman 3 vitorias.

Ademais, primeiro punto oficial para o Sporting Seaia o colleitado en Oleiros na segunda xornada da Liga F7 da Coruña.

2ª DIV. FEMININA, XORNADA 3

As Miúdas - Brexo Lema (0-3)

  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Alba, Sabela, Cris, Sofía, Marta, Gala, Paula e Pati. Tamén: Naiara, María, Adriana e Ana Romero.
  • Goles: 0-1, m.45: Nerea; 0-2, m.68: Antía; 0-3, m.85: Andrea.

As líderes levaron os puntos do Eleuterio Balayo demostrando un gran nivel, pero sobre todo, un equipo coas ideas clarísimas, moito oficio, moita intensidade e moi contundentes. A falta de veteranía das muradás, e ás veces as desconexións, fixeron que se lle fose escapando o partido. Aguantaron ben a primeira metade, coas visitantes dominando a posesuón, pero chegadas frouxas ás dúas áreas. Foi ao fío do descanso cando as locais deron un regalo para que as visitantes se adiantaran.
Fixo dano ese tanto, e a segunda metade foi un monólogo visitante.

Carral - Cee (2-2)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Lucía Facal, Nerea, Pauliña Veiga, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Lucía Caamaño, Nayara, Lucía Martínez e Laura. Tamén: Lucía Sieira, Antía e Sabela.
  • Goles: 1-0, m.25; 2-0, m.52; 2-1, m.65: Lucía Martínez; 2-2, m.85: Nerea.

Partido xogado cunha calor abafante no Municipal Borja Rodríguez Ans de Carral (alterourse a orde dos partidos polas obras no San Paio de Refoxos), que provocou un ritmo lento de xogo. Un erro na saída de balón supuso o 1-0 ó pouco de empezar pero o equipo de Rafa non se veu abaixo e tivo varias ocasións para empatar nos pés de Lucía Martínez, Paula, Sharay e dous tiros lonxanos de Saray.

Na segunda metade máis do mesmo, Paula, Lucía Martínez e Saray fallaron cadanseu man a man ca porteira e na xogada seguinte á ocasión de Saray chegou o 2-0 nunha falta que dá no longueiro e marcan as locais aproveitando o rexeite.

A partir de aí, e con 25 minutos por diante, as de Rafa arriscaron, subiron liñas e chegaron con claridade, acertado desta volta cos tantos de Lucía Martínez e Nerea xa contra o final. Aínda puideron ter remontado se ben na última xogada o Carral tamén mandou unha falta ao pau.

Xallas - Milagrosa (6-0)

  • Xallas: Rosio; Laura, Saskia, Andrea Otero, Carla Landeira; Luchy, Andrea Barbeira, María; Noelia, Paula Barcia e Olalla. Tamén: Alicia, Inés, Paula Gándara, Daniela e Zaira.
  • Goles: 1-0, m.4: María Rial; 2-0, m.8: Olalla; 3-0, m.20: María Rial; 4-0, m.20: María Rial; 5-0, m.52: Paula Barcia; 6-0, m,81: Luchy.

Primera a vctoria do Xallas nesta nova categoría, que lles dá ánimos para ir a por máis ás de Rupper. O Xallas saíu moi enchufado e entre Olalla e María, que fixo un triplete xa na primeira parte, decidiron o choque para ir cun 4-0 co partido decidido o descanso.
Na segunda metade con moitos minutos para as do banquiño e cun calor asfixiante baixou o ritmo do partido e aínda así Paula Barcia e Luchy redondearon o resultado final.
Bo partido a pesares das ausencias neste choque de Yasmina, Leti e Maite que esperan poidan axudar na próxima saída contra o Silva coruñés.

3ª DIV. FEMININA, XORNADA 3

Bergantiños B - Dumbría (0-7)

  • Bergan B: Sofía; Aroa Varela, Valeria, Noa, Sabela; Jimena, Clara, Ainhoa; Antía, Arancha, Aroa García. Tamén xogaron: Ainhoa Núñez, Nuria, Paola, Sara Barbeito e Ari.
  • Dumbría: Lía, Lucía, Noa, Mai, Martina, Adriana, Fandi, Eva Lema, Kelly, Claudia e María das Carisas. Tamén xogaron: Lissette, Juliette, Serena, Reyes e Yoli.
  • Goles: 0-1, m.2: Kelly; 0-2, m.32: Fandi; 0-3, m.36: Adriana; 0-4, m.43: Martina; 0-5, m.66: Yoli; 0-6, m.70: Mai; 0-7, m.71: Fandi.

Saí presionando arriba o filial do Bergan dirixido por Nacho, para intentar conter as contras do Dumbría, pero as de Fran Figueroa conseguiron repeler esa presión, impoñer o seu xogo e chegar unha e outra vez dende o primeiro minuto. Kelly, que volvía tras sanción, abreu a lata pasando o primeiro minuto de xogo demostrando as ganas que trae acumuladas. Tamén volvía María das Carisas xa recuperada tras lesión, e a pesares de non marcar formou parte de xogadas que finalizaron con éxito.

Corcubión - Dubra (0-0)

  • Corcubión: Elena Atán, Alexandra Lojo, Victoria, Marta, Carla, Cris, Paula Trinidad, María Castro, Helena López, Noa e Andrea. Tamén: Elisa, Claudia, Nicole, Daniela e Ana Sierra.

Corcubion e Dubra feminino

O UD Corcubión disputaba este domingo o seu primeiro partido na casa desde a tempada pasada. As locais dominaron o encontro nos seus dous tempos, mais atopáronse cun Dubra moi defensivo que non deixou pasar o balón entre os paus da súa portería. As corcubionesas intentárono de todas as maneiras e tiveron numerosas ocasións, mais seguiu sen chegar ese ansiado gol.
Pese a que o partido rematou cun empate a ceros, o UD Corcubión demostrou que non se rende ata o final, e que cada vez colle máis comodidade nesta nova liga de Fútbol 11 á que as xogadoras se están afacendo con moitas ganas.

Muxía - Cerqueda (7-0)

Muxia-Cerqueda-Foto-Marina Busto
Muxia-Cerqueda-Foto-Marina Busto
  • Muxía: Sheila, Andrea Domínguez, Patri Romanú, Paula Vilela, Raquel Bardullas, Elsa Mouzo, Barca, Irene, Xeila, Nerea e Adriana. Tamén: Denise, Sara Haz, Nuria, Andrea Insua e Sara Domínguez.
  • Cerqueda: Valeria, Jimena, Tati, Paula Casal, Tania, Irene, Raquel, Vanesa, Uxía, Inés e Mariña. Tamén: Carla, Isa Amado e Alba.
  • Goles: 1-0, m.37: Barca de penalti; 2-0, m.40: Barca; 3-0, m.44: Patri Romaní; 4-0, m.75: Barca; 5-0, m.78: Barca; 6-0, m.85: Patri; 7-0, m.90: Barca.
Muxia-Cerqueda feminino-Foto-Marina Busto
Muxia-Cerqueda feminino-Foto-Marina Busto

Tardou en abrir a lata este Muxía ldierado por Barca e Patri Romaní, dúas pioneiras do fútbol feminino na Costa da Morte que volven a casa para convertir ao Muxía en todo un candidato ao ascenso. As de Congui e Isma dominaban, pero o Cerqueda tamén chegaba e mesmo Sheila tivo que sacar un balón na liña de gol. Non foi ata case o descanso cando Barca abría a lata, para marcar dous máis antes do descanso. Na segunda, a diferencia foise ampliando ante un Cerqueda moi novo que foi perdendo forzas coa calor.
Bo auto-regalo de aniversario que se pegou Barca con 5 tantos.

Xogadoras do Muxia celebrando un tanto-Foto-Marina Busto
Xogadoras do Muxia celebrando un dos tantos de Barca-Foto-Marina Busto

Camariñas - Fisterra (7-3)

  • Camariñas: Karen (Alejandra, m.63), Rosana (Lola, m.60), Bea (Diana, m.46), María, Uxía (Ana Pana, m.63), Nuria, Laura Pose, Laura Garrote, Leti (Cris Mouzo , m.46), Paula, Elena.
  • Fisterra: Lucía, Paula, Ana, Tamara, Andrea, Elena, Lucía Marcote, Irene, Aroa, Jimena, Xaira. Tamén: Silvia, Antía, Tatiana e Rosa.
  • Goles: 1-0, m.10: Elena; 1-1, m.17: Andrea; 2-1, m.21: Paula Mouzo; 3-1, m.31: María; 4-1, m.44: Laura Garrote pola escuadra; 5-1, m.50: Paula Mouzo; 6-1, m.70: Nuria; 6-2, m.75: Andrea; 6-3, m.77: Andrea; 7-3, m.85: Elena.

Saíu o Escolas Juan Cabrejo Camariñas moi enfuchado e pronto fixo esforzarse a Lucía na meta fisterrá. Foi Elena a que abría o marcador pero Andrea, a goleadora fisterrá, igualaba a contenda. Pero de aí ao descanso, o dominio local traduciuse en varios goles para ir 4-1 ao descanso.

Nada máis saír na segunda, o Camariñas volvía marcar e se ben Andrea tivo un par de minutos acertados marcando dous goles para as de Fran, o cadro local sentenciaría.

Ponteceso - Mazaricos (3-1)

11 do Ponteceso feminino no Pinguel

  • Ponteceso; María, Noe (Laura R, m.55), Myre, Ainhoa, Berdeal (Amado, m.89), Silvia (Mel, m.89), Eva, Muíño, Andrea (Noemí, m.55), Oanes, Claudia (Saray, m.67).

11 do mazaricos feminino no Pinguel

  • Mazaricos: Valeria, Graciela, Silvia, María Senra, Mariña, Fátima, Iria, Antía, Claudia, Lúa e Ánxela. Tamén: Carlota, Paula, María Antelo, Leire e Iria.
  • Goles: 1-0, m.10: Oanes a pase de Andrea; 2-0, m.75: Muíño tras un pase de Noemí; 2-1, m.82: Andrea; 3-1, m.87: Noemí.

Ponteceso-Mazaricos feminino

Fermoso e caluroso partido no Pinguel cunha primeira metade nas que o equipo de Curro saíu potente e aproveitou a empanada das de Rachón para abrir pronto o marcador. Tiveron moitas ocasións de aí ao descanso as locais, pero nin Oanes, nin Andrea nin Muiño estiveron acertadas.

Despois do paso polos vestiarios o Mazaricos subiu en intensidade e meteuse no ritmo do partido pero un segundo gol das locais pareceria definitivo. Pero a 10 do final, un gol a balon parado metía ás amarelas de novo no partido e incluso tiveron opcions de acadar o empate pero o Ponteceso reaccionou a tempo, e a a parella Noemí-Muíño deixou o choque sentenciado.

Cabana - Noia B (2-0)

Cabana fem 2023 copia

  • Cabana: Míriam, Idania (Marina), Sheila, Aroa, Valeria (Natalie), Inma, Alejandra (Saray), Irene, Alison, Adriana (Aitana Muiño), Iría (Jessi)
  • Goles: 1-0, m.6: Irene nunha xogada de Adriana; 2-0, m.89: Irene de penalti.

Dous goles, ao comezo e ao final do partido, de Irene, sentenciardo o choque ante un serio filial noiés. As locais levaban o peso do partido en todo momento e o Noia non inquedaba a Míriam, a pesar de ir, dende o m.6, por debaixo do marcado. Si que no segundo tempo as visitantes deron un paso adiante e rondaban a portería cabanesa facendo intervir a Míriam en varias ocasións. Non foi ata o final cando nunha contra, Irene forza un penalti que transforma na sentenza.

Corme - Outes (8-0)

corme futfem outubro 2023

  • Corme: Belén; Carla Vázquez, Laura, Aroa (Lucía), Ana (Aurora); Nerea, Irene, Salomé (Candela), Cris. Carla e María (Mónica)
  • Outes: Ana lema, Claudia Otero, Alicia, Uxía, Xeila, Natalia, Valeria, María Romero, Carmen, Erika e María Molinos. Tamén: Lara, Claudia Carou, María Antelo, Mariña.
  • Goles: 1-0, m.2: Cris Veres; 2-0, m.3: maría; 3-0, m.43: Salomé; 4-0, m.61: María; 5-0, m.73: Carla; 6-0, m.75: Nerea; 7-0, m.77: Nerea; 8.0, m.85: Mónica.

Saíron moi frouxas as de Dani e o equipo cormelán dirixido por Rubén Souto xa endosara 2 tantos nos 3 primeiros minutos. Pero a lesión de Aroa aos 10 minutos de partido, descentrou ás locais e as visitantes metéronse de cheo no partido, tendo unha boa media hora antes do descanso, e tendo ocasións para recurtar e mesmo empatar. Estivo Belén firme baixo paus, e o gol antes do descanso permitiu que a segunda metade fose de trámite, coas da Serra baixando os brazos.

Alegría no bando cormelá polo debut Mónica, mesmo cun tanto.

LIGA F7, XORNADA 2

Obrero - Seaia (1-1)

  • Seaia: Nuria, Ana, Iria, Paula, Mireia, Virginia, Xela. Tamén: Noe, Andrea, Moscoso, Eva e Gemma.
  • Goles: 0-1, m.36: Xela; 1-1, m.37.

Partido moi bo das rapazas de Roque e Álex Mato, que tiveron varias ocasións para adiantarse no marcador na primeira parte. Foi na segunda cando as malpicás conseguían abrir o marcador cun gol de Xela, pero desafortunadamente un par xogadas despois, por mala sorte un balón lateral que rebotaba na central, colábase na meta de Nuria facendo así o empate.

Partido con moita intensidade e ganas por ambos equipos, que deixa o primeiro punto da historia do equipo feminino.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios