Contandos os días para a chegada do álbum de cromos do #FútboldaCosta

12:48 09/01/24
Xa queda menos. Estes que vedes na foto son os sobres que levarán os cromos das estrellas do fútbol base da Costa. Xa están case que de camiño.
O equipo da empresa viguesa Sportcrom (socios de QPC nestas aventuras) ultima a edición e impresión do álbum e nas vindeiras datas, antes de que remate o mes, estarán os sobres nos diferentes puntos de venda.
Ao longo destes días iremos informando sobre o formato dos álbumes (finalmente van ser 3 diferentes pola cantidade de xogador@s que temos nas categorías), os puntos de venda, e as presentacións que levaremos a cabo en diferentes puntos da comarca.
Estade atentos ás redes de QPC!