Xosé e Mara levaron o Álbum de Cromos do Fútbol Base da Costa á TVG
- Pincha no Programa “Quen anda aí”, nos minutos 11’:50’’ e 1h:18’:00’’ e 1h:20’:20’’, para ver as intervencións costeiras.
09:53 11/12/23
Sempre nos fai moita ilusión que a TVG se fixe na nosa comarca. E a pasada tarde do venres 9 de decembro, o programa “Quen Anda Aí” quixo centrar atención no ilusionante álbum de cromos do Fútbol base da Costa.
Foron Ubaldo Cerqueiro e Alberto Pose, da familia de QPC, os que levaron o proxecto desenvolto xunto coa empresa viguesa Sportcrom. Pero os grandes protagonistas foron Mara Pérez (xogadora alevín do Cerqueda) e Xosé Varela (pequeno prebenxamín do Corme) os que demostraron a ilusión desbordante que xera este proxecto.
Deixámosvos aquí a ligazón ao Programa “Quen anda aí”, e podedes pinchar nos minutos 11’:50’’ e 1h:18’:00’’ e 1h:20’:20’’.