Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Copa da Costa: O Corme elimina ao Cabana

O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com.
Corme-Cabana na Copa
Fotos de Fin Lema
Copa da Costa: O Corme elimina ao Cabana

Arrincou a LVII edición da Copa da Costa. Fíxoo esta tarde de domingo 29 de maio nas Redondas, cun fermoso choque entre o Cabana (2ª) e Corme (1ª). O cadro cormelán fixo valer a experiencia da categoría e apeou a un Cabana co que se enfrontará na vindeira tempada. O Corme no Buño.

Cabana - Corme (1-3)

  • Cabana: Víctor, Aarón, Sergio Ferreiro, Raúl (Ismael) Rubén (Cristian) Fernando (Diego Cacha), Castro (Diego Moreno) Simon, Manuel, Raúl Corzón.
  • Corme: Adri, Brais, Pandi, Aitor, Eloy Villar, Adrián Doldán, Lucas, Toniño, Lucas, Brais Torrado, Dieguito e Alejo.
  • Goles: 0-1, m.35: Alejo de penalti; 0-2, m.52: Dieguiño; 1-2, m.85: Moreno; 1-3, m.89: Lucas.

Foi un choque igualado, sen dominador claro que arrincaba con varios ocasións para os locais nos pés de Manuel, Raúl Corzon e Simón. Pero unhas veces a falta de acerto e outras o longueiro frustraron as ocasións. O Corme tardaba en chegar á área rival, e xa no treito final da primeira metade, tras un despexa o balón peta na man de Raúl, sendo un penalti que non desperdiciaría o pichichi Alejo.

Volveu intentalo o Cabana antes do descanso pero as súas chegadas tampouco remataron en gol. A segunda empezaba igual, cun cadro de José Manuel máis atrevido, pero o Corme xa comezaba a sacar contras perigosas. Foi tras un rexeite de Víctor a unha falta de Lucas como Dieguiño aproveitaba para facer o segundo. Non se rendiu o Cabana e nos últimos instantes, xa volcados, Moreno recurtaba, pero antes do pitido final Lucas sentenciaba a pase de Samuel.

Copa da Costa Corme Cabana

Comentarios