“A Copa da Costa é a nosa festa deportiva”
Esta mañá de mércores tivo lugar a presentación oficial da final Copa da Costa 2019, “a nosa festa deportiva”, como recoñecía o anfitrión, un José Manuel Pequeño que falou tanto como alcalde de Dumbría como gran afeccionado ao fútbol costeiro. Á cita non faltaron Juan Villamisar, vicepresidente da RFGF, e Silvia Cancela, directiva da RFGF, ademais do subdelegado da Costa e novo delegado da Coruña, Manuel Corredoira.
”Temos un marco incomparable como é Dumbría, onde temos que agradecer que sempre que vimos teñen os brazos abertos”, destacacou Villasar. “Ademais, este ano se demostr que non son só os equipos da Preferente os que chegan ás finais, gracias ao formato de eliminatoria a partido único, dalle unha oportunidade aos de abaixo. Así fan en Inglaterra, o berce do fútbol”, lembrou.
Pequeño recordou que “levamos moitos anos pelexando con el, para intentar saca rapaces dende abaixo e subilos ao mellor nivel”. Fixo ademais referencia a ese mito costeiro. “Por aí arriba sempre dicides iso de “na Costa tendes algo distinto”, e é certo que se pique que vive en todas partes é algo moi bonito, como o que temos co Xallas”, sinalou Pequeño ao que Cancela respondeu “e sempre ganamos nós”, respondeu en clave xalleira.
Todos resaltaron a necesidade de que sexa unha final “deportiva”, en referencia aos problemas nas semifinais. “Esperemos que reine o raciocinio”, sinalou Cancela.
Silvia Cancela fixo fincapé na Copa Feminina, a primeiro da historia, esperando que en breve se poidan ver máis eliminatorias para poder disfrutar deste evento en toda a súa esencia.
Corredoira aproveitou para dar a importancia que teñen as finais Infantil e Xuvenil do sábado en San Andrés, onde os Miúdos meteu dous equipos, e quixo agradecer a presencia dos 4 representantes, presidente dos cadros implicados.
Carrusel
Como non podía ser doutro xeito, dende QPC faremos un completo carrusel en directo, actualizando os resultados das finais do sábado e domingo pola mañá nada máis rematar en www.copadacosta.com e no Facebook “Fútbol da Costa”, dende onde faremos un completo seguemento en directo na tarde dominical. Tamén no Twitter @quepasanacosta faremos carrusel.
Máis información
- Os cadros actualizados ao segundo en www.copadacosta.com.
Todas as novas Copa da Costa
- Anxo Garrido: Habemus Finais.
- Dumbría acolle a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC, o broche de ouro á temporada.
- Outes e Corme veránse as caras na final da Copa da Costa Xuvenil.
- Copa da Costa: Esteirana e Cabana veranse as caras na gran final.
- Os Miúdos e Xallas serán os finalistas da Copa da Costa Infantil.
Os xa campións da Copa da Costa
- O San Lorenzo, flamante campión da Copa da Costa de Veteranos.
- A Esteirana campión da Copa da Costa Cadete, e igualdade máxima nas semis.
- A final da Copa da Costa F8, a gran festa do fútbol base nas Redondas.