Martes. 15.10.2019
El tiempo

Manuel Corredoira compaxinará a subdelegación da Costa co novo cargo de Delegado na Coruña da RFGF

Manuel Corredoira entregando un premio a MC na Gala do Futbol da Costa QPC 2018
Manuel Corredoira entregando un premio a MC na Gala do Futbol da Costa QPC 2018
Manuel Corredoira compaxinará a subdelegación da Costa co novo cargo de Delegado na Coruña da RFGF

Cumple 40 anos adestrando no fútbol galego, e faino estreando un novo cargo no organigrama da Real Federación Galega de Fútbol. Como nos confirman dende o ente federativo, Manuel Corredoira xa traballa a día de hoxe como Delegado da Federación na Coruña, un posto que compaxinará coa representaciónd a subdelegación da Costa.

Corredoira dá un paso adiante, despois destes 3 importantes anos á fronte da subdelegación da Costa trala inauguración da sé en Baio a comezos de 2017. 3 anos nos que o Fútbol costeiro ten pegado un cualitativo salto en canto a atención prestada por esta Federación en comparación con anteriores directivas. Non hai un mellor exemplo que o sorteo da Copa da Costa en clave de Champions ou a importantísima creación das Seleccións da Costa sub12 e sub15, das que foi gran precursor.

Xa foi Secretario do Comité Galego de Adestradores (96-2014), e vocal dende 1984. Segue a ser formador dos cursos de adestradores que organiza a subdelegación costeira, pois falamos dun adestrador coa máxima titulación, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF.

Este ano precisamente cumple 40 temporadas como adestrador. Comezou no Unión Sportiva da Coruña, Montañeros, Ural, Español… Pasou por todas as Seleccións Galegas de base (de F8 a sub18), e foi adestrador de Cadetes e Infantís no R.C. Deportivo. Na Costa estivo en tres etapas distintas 9 temporadas no Zas (na última tivo que dimitir esta mesma temporada polas inxustificadas críticas dun sector do fútbol costeiro); no Xallas, Castriz e Baíñas.

Novas relacionadas

Comentarios