Mércores. 21.08.2019
El tiempo

A XORNADA

O Corme volve á loita, o Camariñas afianza a promoción e o Zas firma media liga nos Veteranos

O Montelouro complicouse a vida ao caer ante o Muros no derbi de Agra da Filgueira-Foto-Edu Olveira
O Montelouro complicouse a vida ao caer ante o Muros no derbi de Agra da Filgueira-Foto-Edu Olveira
O Corme volve á loita, o Camariñas afianza a promoción e o Zas firma media liga nos Veteranos

Tiña a xornada o ollo posto na zona baixa da Liga da Costa pero remata o domingo, despois dun novo e espectacular carrusel seguido por máis de 5.000 persoas, ollando á parte alta. O Mazaricos caía no San Paio de Refoxos, ante un máis que necesitado UC Cee, e o Corme aproveitaba o tropezo remontando na segunda parte ante un Lira que non podía aguantar con 10. A falta de 5 xornadas son só 3 puntos os que separan a ambos conxuntos.
Pero a xornada fervía con dous derbis da parte baixa. Por Xaviña, Buño e Malpica asinaban unhas táboas que lles serven máis aos visitantes, pero que non lle desmerecen aos branquiazuis. No Agra da Filgueira, o Monte Louro sufría unha derrota ante o Muros que pode valer medio descenso, pois se mete en descenso directo mentres o cadro celeste se coloca con 30 puntos empatado co Malpica. O Zas nadaba e nadaba pero caía afogado na beira, e co Lira aínda fica moi implicado na loita.

Pechada a promoción

Cunha xornada para o remate da liga regular, o Camariñas completa o cadro de promoción. A derrota do sábado do Castrelo e o seu empate no derbi co Camelle, ratifícao como o 6º, e se enfrontará ao Castriz na fase de ascenso. Porteño e Outes protagonizarán a outra semifinal.

Boa xornada en Preferente e regular na 1ª

O Xallas conseguía unha vitoria tan contudente como vital, e ante todo un Viveiro, 2º. 3 puntos que o meten na 14ª posición con 36 puntos, aínda pelexando por alcanzar ao Montañeros, con 38, que ocupa a 12ª. Ademais o Sofán sumaba un puntiño máis na súa seria temporada.

En 1ª, o Fisterra segue como un martelo pilón, pero o Sigüeiro fai o propio e non cede. Dous puntos seguen mantendo os composteláns sobre os verdes. O Baio tamén vencía e se mantén ben arriba, pero caían Dumbría, Soneira e Esteirana, este ante un rival directo por evitar o descenso complicándose así a vida de xeito importantísimo.

O Zas deu un paso no Veteranos

O Zas vencía ao San Román no duelo entre os dous de cabeza. A vitoria consegue meter 3 puntos de vantaxe e o goleaveraxe, cando ademais o Soneira non aproveitou a ocasión para meterse na fase galega ao non pasar do empate en Ponteceso.

Máis información

Comentarios