Martes. 11.08.2020
El tiempo

A crónica dominical: Un líder, outra remontada, dous ascensos e tres novos títulos

O Outes celebrando o ascenso á Liga da Costa nas Fontiñas
O Outes celebrando o ascenso á Liga da Costa nas Fontiñas
A crónica dominical: Un líder, outra remontada, dous ascensos e tres novos títulos

Outra xornada de infarto no carrusel de www.futboldacosta.com marcada, de novo, polas remontadas, por un liderato costeiro, polos ascensos e polos novos campións das Ligas F8.

Volveu ser o Corme o culpable de ver unha remontada na tarde dominical, desta volta, no vital derbi no cumio da Liga da Costa. O Ponteceso adiantábase no Cairo, pero na segunda, co vento a favor, o Corme foi un vendabal e colocou un 3-1 que o deixa máis líder, con 3 puntos sobre a Esteirana (que non fallaba ante un Baíñas no que debutaba Roski) e 4 sobre o propio veciño.
Polo demais, na loita por esa 4ª praza que igual ten premio, o Muxía alcanzou a un San Lorenzo que parece desalentado polos últimos resultados.

Os protagonistas da 3ª son os Camariñas e Outes que ratificaron o seu cantado ascenso directo e volta á Liga da Costa tras vencer en Corcubión e As Fontiñas. No duelo de parroquias pola promoción, Camelle e Seaia selaron unhas táboas que deixa todo aberto para as últimas 3 xornadas, con vantaxe para os camelláns, cun punto máis e un partido menos.

Volvendo á Preferente, o Fisterra mantén a segunda praza tras vencer nun atípoco partido tolo en Ara Solis ao Lemos. A vitoria do Sofán ao Noia, e a derrota do Boiro ante o Mugardos, deixa ao equipo ferrolán como único equipo que pode asaltar esa segunda praza se aproveita, no entroido, a xornada aprazada no seu día. Mentres, o Xallas segue sen dar sinais de vida.

En 1ª, temos líder costeiro. O Dumbría segue a súa escalada tremenda e vencía pola mínima ante o, ata hoxe, líder, O Pino. 0-1 e para casa os de Pablo Conde co golaveraxe individual gañado e 12 xornadas por diante para soñar coa volta á Preferente. Volveu gañar o Soneira, tras 3 derrota seguidas, e empataba o Mazaricos. Pero Baio e Volantes non sumaron, quedando os 3 en serio perigo.

Futfem

Descansaba o Bergantiños e non fallaban os seus rivais do Gr.1, mentres que no Gr.3 Cee e As Miúdas vencían de novo. As mazaricáns caían na casa ante o Calo.

Base

Xa recollimos a nova colleita de de campións das Ligas de F8: Cerqueda, Camariñas e Cee.

Ademais, apretadísima queda a Liga Xuvenil con Soneira, Outes e Cabana en apenas 3 puntos. Descansaba o líder e outienses e cabaneses non fallaban (pero sufrían) ante Cee e Corme.

En Cadetes, Xallas, Cabana e Sofán manteñen o pulso, mentres que Infantís o Dumbría parece que escapa, e o Outes se impuxo aos Miúdos na loita pola 2ª praza.

Veteranos

O Zas segue destacadísimo na Liga de D.H. de Veteranos. Máis aínda o está o Arasolis na 1ª, que ten o ascenso case finiquitado. O Corme deixou recortarse dous puntos polo San Ramón na loita pola segunda praza de ascenso.

Novas relacionadas

comentarios