Xoves. 30.05.2024
El tiempo

Datas abertas para a Copa da Costa Feminina

Copa da Costa 2024 - Copa da Costa FEM copia
Datas abertas para a Copa da Costa Feminina

Este sábado 20 de abril celebrouse o sorteo da IV Copa da Cosa Feminina. Un sorteo que viña marcado polas queixas dalgúns clubs sobre as datas propostas pola Federación, se ben só o Corme CF trasladara por escrito o cambio das mesmas.

Finalmente, o calendario queda aberto, coa posibilidade de xogar as semis o 21 ou 26 de maio, en función de se os equipos que pasen a semis están na Fase de Ascenso ou non… Así, a final, agran final da Copa da Costa feminina queda sen unha data fixada de antemán.

Foron 14 os clubs que entraron no bombo unha vez que o Bergantiños B non pode participar porque o A xa o fai na Copa da Coruña, e o Sporting Seaia, que este ano compite en F8, non dá xuntado un grupo tan numeroso para participar.

Comentarios