Venres. 29.03.2024
El tiempo

A diversa volta ao fútbol colle forma

A diversa volta ao fútbol colle forma

Queda apenas 3 semanas para a volta á competición dos equipos costeiros. Os Sofán e Xallas representarán a volta aos campos no Fútbol da Costa, máis alá de que o Fisterra siga facendo historia na 3ª División estatal. Tralas dúbidas xeradas ante a convocatoria da Real Federación Española, as cifras parecen sinalar que as gañas de volver aos campos está por riba doutros aspectos. Así, como acontece noutros deportes como o baloncesto, as categorías de modestos volverán saír ao campo.

Na Preferente Norte houbo pleno, con 23 equipos inscritos dos 23 presentes. Non tanto no Sur, onde 5 equipos desistiron competir, quedando os Céltiga, Sanxenxo, Portonovo, Moaña e Guardés pendentes das posibles sancións.

A porcentaxe de inscritos mantense nas categorías convocadas, agás na 1ª Galicia. Na 1 Feminina ou na Ligas Autonómicas de Base hai un 99% de inscritos, incluídos os tres equipos do Dumbría CF, que comezará a competir o 31 de xaneiro.

Queda pois pendente saber que pasará coa 1ª Galicia. Ata onte había preto de 50 equipos inscritos, pero a meirande parte da zona da Coruña-Ferrol e Vigo. Do Fútbol da Costa, como anunciabamos trala posición unificada de ata 15 equipos, só o Volantes dixo si.

O ente Federativo aínda valora que facer ante esta situación, ao tempo que estuda se intentar activar ou non as ligas de 2ª e 3ª Galicia ante as reaccións vividas as pasadas semanas.

Unha vez definido o mapa de cada unha das categorías, nos vindeiros días iranse celebrando reunións telemáticas ou presenciais cos equipos inscritos en cada categoría para resolver todas as dúbidas que poidan existir referentes ao plan competicional e a outros apartados e conseguir así unha total coordinación con todos os participantes nas distintas competicións.

Novas relacionadas

Comentarios