Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os equipos costeiros de 1ª néganse á competir

Capis e colexiados do Dumbria-Soneira-Foto-CF
Imaxe dun Dumbría-Soneira a comezos de ano-Foto-CF Dumbría
Os equipos costeiros de 1ª néganse á competir

A semana pasada pulsábamos a opinión dos equipos costeiros, sobre a volta á competición proposta pola Real Federación Galega de Fútbol. Unha vez publicadas as datas concretas, o primeiro en baxarse do carro publicamente foi o Soneira, pero hoxe son outros 15 equipos da 1ª Galicia os que se unen para expresar a súa “decisión irrevogable de non inscribirnos para iniciar a tempada 2020-2021”.

Así o asinan todos os equipos costeiros da categoría agás o Volantes (é dicir, Baio, Corme, Dumbría, Mazaricos, Ponteceso e Soneira), ademais doutra serie de equipos dos dous subgrupos do Gr.2 da 1ª: Agolada, Belvíns, Cordeiro, Esclavitud, Flavia, Taragoña, Tordoa, Unión e Val do Ulla.

Son un total de 15 (dos 21 pertecentes este ano á categoría) os equipos que se negan a comezar a competir o vindeiro 31 de xaneiro, sinalando que “somos entidades sociais e debemos ser exemplo de conduta e responsabilidade coa sociedade nesta crise sanitaria que estamos a vivir, en particular cos nosos directivos, xogadores, familiares e amigos”.

Os clubs abren esta carta ao resto de equipos da Costa, por se queren “unirse á causa”.

Complicada tesitura atópase o CF Dumbría cos tres equipos de base en categorías autonómicas, que tamén comezarán o 31 de xaneiro. O club decidiu inscribir os 3 equipos para evitar o temido descenso e "destruir un traballo que custou moito esforzo e anos conseguir"

Novas relacionadas

Comentarios