Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha resposta común

IMG_20201227_101935
15 equipos de Primeira unidos
Unha resposta común

Quen ía pensar que un virus, unha pandemia, podería conseguir esa tan ansiada unión dos clubs da Costa. Non foi una final de Copa, a cantidade de ascensos ou descensos, o formarto da competición… Noooon. Parece que na nosa parte do mundo, o COVID 19 pasará a historia por conseguir a “UNIÓN”.

Fai un dias, a Federación falou claro e alto, deixou moi claro cal é a sua postura, tan respectable como as outras. Persoalmente creo que podía ser un pouco máis flexible, pero repito, é a súa, e por suposto que a respecto.

Pero se me animo a escribir, non é pola Federación, é polos clubs, eses clubs que lle dan vida, que forman o noso Fútbol da Costa. Este fútbol do que tanto presumimos, eu o primeiro.

Podemos e debemos tomar una decisión complicada e difícil, pero sexamos claros e digamos todos xuntos ou si ou non. É o momento, competir ou non competir.

Penso que dede ser una decisión unánime e onde os clubes teñen moi claro os perxuizos e os beneficios. Se finalmente se toma a decisión de maneira conxunta xa ten un beneficio... que os clubs da Costa responderon todos xuntos.

Cómpre darlle a noraboa á Directiva do Soneira, foi a primeira en posicionarse dun lado. Seguro que foi difícil, pero foron moi claros e argumentaron a súa decisión. Repito, noraboa.

Animo aos clubs da 2ª e da 3ª a tender pontes entre eles, e falar... e se cadra discutir... pero sí finalmente se consigue unha resposta en común quen vai ganar no futuro é o Fútbol da Costa.

Comentarios