Martes. 17.09.2019
El tiempo

Do fin do mundo, o inicio do Fútbol

Afección dos Rapacollóns enchendo o campo do Sigüeiro- Foto: Mareque Sánchez
Afección dos Rapacollóns enchendo o campo do Sigüeiro- Foto: Mareque Sánchez
Do fin do mundo, o inicio do Fútbol

Bandeiras en Ara Solis

Fisterra é un lugar diferente e máxico, tanto no mundo cultural como no deportivo, un equipo de fútbol de senior a base que viven con paixón e dedicación este deporte.

Pero un gran equipo non se consegue só con grandes xogadores, detrás teñen o apoio dunha afección que os alenta durante todo o encontro, e dalle igual que sea na casa como de visitantes.

Pero no Ara Solis, noventa minutos son moi longos, como din os gurus do fútbol profesional dos campos emblemáticos, porque eso mesmo e este campo no mundo do fútbol costeiro.

Esta tempada esta sendo todo un éxito ocurra o que ocurra o final da mesma, pero tan preto esta a gloria de coronarse como campions que hai que dar ese último empuxón e alento para sair vencedores dunha moi competida 1ª Galicia.

Un equipo que renaciu das suas cinzas, onde a tempada pasada evitou o descenso e agora loita por gañar a liga, pero xa fai unhas tempadas atrás lograron gañar a Copa da Costa cando non eran os favoritos, este equipo gustalle os retos e non se deteñen ante nada.

Para lograr estes obxetivos é fundamental que o plantel permaneza unido, loiten xuntos e sintan de verdade o escudo que defenden e eso fano de marabilla.

Se temos que destacar a un xogador sería Adrián López “Makaay”, ese atacante que fai tremer ás defensas rivais só coa sua presencia, ese xogador encargado de levar o barco a bo porto, ese que volveu para poñer o equipo donde se merece por xogo, ambiente e prestixio.

Quedan dúas xornadas para que esa camisola verde esperanza e co apoio de toda a Costa, se poña no alto do faro e se mostre a todo mundo como os mellores.

  • Ángel Garrido.

Artigos de Ángel Garrido

Comentarios