Martes. 19.11.2019
El tiempo

Eleccións Xerais, Municipais e futbolísticas

A directiva do Baio nunha das Galas do Fútbol da Costa
A directiva do Baio nunha das Galas do Fútbol da Costa
Eleccións Xerais, Municipais e futbolísticas

Este ano ben cargado de tomar decisións importantes, ademais das que nos afecta no tema da vida cotiá, tamén algúns siareiros terán que decidir o futuro do seu club de fútbol.

E moitos na zona da Costa terá que empezar forte, mirando novo presidente e proxecto para o Deportivo da Coruña e despois empezar nos nosos equipos de modestos.

Os presidentes de Baio e Muxía xa adiantaron que deixaran o seu cargo, por motivos diferentes pero que a casualidade fai que no tema deportivo remataran a tempada con bastante éxito. Seguro que algunha que outra directiva estará pensando en continuar ou non o final da tempada.

Como xa comentei nun artigo anterior “Enamorate do Fútbol da Costa”, os equipos estanse resentindo en temas de axudas nas directivas, o deporte esta crecendo máis que nunca en categorías base pero segue estancado cos mismos directivos, tendo clubs a dúas ou tres persoas unicamente encargadas para levar ata cinco equipos que defenderán o seu escudo.

Tamén acontece nas presidencias dos clubes o que acontece normalmente cos adestradores, dende fóra todo parece sinxelo e téñense grandes ideas para mellorar e só se sabe criticar e mirar o malo sen dar a importancia que ten o saír a competir, pero cando se poñen eleccións non abundan as candidaturas e case sempre continúan os mesmos, seguramente o seu pesar pero miran en favor do seu clube que non queren ver deixar morrer.

Porque o resultado e o que se ve cada domingo, pero por detrás hai moitas horas dedicacas na procura de socios, patrocinadores, estar pendiente de fichas, entrenamientos partes médicos se hai lesións, etc… Sei que así non o estou pintando moi bonito pero ao final cando chega o momento de ver que ese traballo consegue que todo vaia encarrilado e disfrutar o momento do fútbol é un instante maravilloso.

Con esto volvo a pedir que se podedes e vos gusta o fútbol, que axudedes no posible, o simplemente estar nunha cantina ou na venta de entradas, todo esa pequena axuda fai que outra xente estea máis liberada para outros traballos que tamén hai que realizar.

E se vos vedes capacitados para liderar un proxecto, non o dubidedes, presentade a candidatura cando haxa eleccións.

  • Ángel Garrido.

Artigos de Ángel Garrido

Comentarios