Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa

Pedro Gomez e Santi Cambon Adestradores
Pedro Gómez e Santi Cambón teñen moitas cousas en común
Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa

A semana pasada conversábamos con Lelo e Pablo Mallón. Hoxe facémolo con dous adestradores carballeses que se atopan no máis alto da 1ª e da 2ª Galicia. Pedro Gómez e Santi Cambón son os patróns dos barcos do Soneira e San Lorenzo que lideran as súas respectivas clasificacións. E ambos teñen varios puntos en común: os dous sacaron o título na escola do Dépor, e os dous formáronse como adestradores nas Escolas Luís Calvo e pasaron polo Bergan; e os dous fan de Verdillo unha das súas casas.

Pedro Gómez, adestrador do Soneira

Pedro Gomez na sua etapa en Baio  
  • QPC: Como vai sendo a túa carreira como futbolista? e Como adestrador?

Como futbolista, pasei os meus mellores anos no San Lorenzo, 7 tempadas nas que conseguimos un ascenso a 1ª que parecía impensable nesa época e conseguimos permanecer varias tempadas nunha categoría que por aquela época era máis forte, xa que era un grupo único. Retireime bastante xoven, con 31 anos porque me chamou máis o tema dos banquillos e comecei a perder esas ganas por xogar. De todas formas levo moitas temporadas xogando nos Veteranos do San Lorenzo onde estamos a un gran nivel e podo matar o gusanillo.
E como adestrador xa teño unha bagaxe bastante ampla. Comecei no Arteixo, despois din o paso ó Bergantiños, primeiro no infantil da Liga Galega, despois no cadete de División de Honra, e despois dúas temporadas no primeiro equipo como segundo adestrador en 3ª División e Preferente, onde conseguimos devolver o equipo á 3ª. Despois dúas moi boas tempadas no San Lorenzo nas que estivemos ás portas do título, algo que me frustrou bastante despois do gran nivel que mostramos.
O seguinte paso foi o Baio, onde conseguimos o título da liga que tanto buscara os dous anos anteriores, e onde se conseguiu devolver a ilusión polo equipo despois do descenso do ano anterior. Na seguinte tempada, xa en 1ª, ata novembro no Baio, onde pasei os meus peores momentos no fútbol. Despois a idea era apartarme unha temporada grande deste mundo e chegou a chamada do Soneira onde recuperei esa ilusión que perdera por todo o que rodeaba o fútbol. Polo tanto, esta vai ser a terceira tempada neste gran clube, sendo xa a undécima tempada adestrando ininterrumpidamente, só co parón dun 1 mes dende o paso do Baio ó Soneira.

 
  • QPC: Sorpréndeche a vosa situación tan arriba na táboa?

Non me sorprende porque somos conscientes de que subimos o nivel competitivo do equipo. De todas formas, e como tódalas temporadas, esta categoría é moi igualada e podes deixarte puntos en calquera campo. Quintando a tempada pasada, na que Fisterra, Sigüeiro e Flavia se desmarcaron do resto, sempre predomina a igualdade.
Coma nós, tamén se armaron moi bos equipos na categoría coma o Flavia, Lalín, Negreira, O Pino... que deberían pelexar por todo ata o último día

 
  • QPC: Que diferencias ten este equipo con respecto ao da tempada pasada, cando fostes moito máis irregulares?

Este ano, ao igual que o ano pasado, temos plantillas moi curtas, de 17 xogadores para darlle saída á boa xeraciónde xuvenís que vén por detrás. O ano pasado comezamos algo frustrados porque non fomos quen de traer ós xogadores da casa que andaban xogando por fóra e que eran os que queríamos que nos deran ese salto de calidade. Ademais, estivemos lastrados durante toda a temporada polas lesións, e ó contar cun plantel tan curto si que nos resentimos. Na segunda volta a chegadade Mayor, Chinda (que tamén se lesionou ó segundo partido para toda a temporada) e Luís, permitiunos mellorar e salvarnos dunha maneira máis holgada. Este ano espertouse a ilusión de novo ca chegada dos xogadores da casa, Vía, Richi, Mauro, Sergio ou Javi, e xunto co bloque que seguía do ano pasado e reforzos coma Róber, Diego, Leilán, Fran ou Benjamín, fixemos un equipo máis competitivo co que podemos aspirar a cousas máis importantes.

 
  • QPC: Que aportan as novas fichaxes como Diego Lois, os irmáns Vía Rápida…?

Pois a chegada dos xogadores da casa, fai que a integración sexa moito máis sinxela, porque ademais de ser compañeiros, son amigos. Vía, Richi e Javi danlle ó equipo moitas máis solucións ofensivas, e sobre todo máis gol. Leilán danos máis profundidade por banda xa que levábamos varios anos sin poder dispor dun zurdo nese lateral. Diego e Fran dannos tamén máis alternativas por dentro, xa que poden xogar en calquera das posicións no medio do campo. Rober danos esa gran referencia arriba, gol, traballo e calidade para aguantar os balóns que lle chegan. Benjamín fai unha gran parexa de porteiros con Javi e que se adaptou perfectamente ó noso modelo de xogo. E a pena é Mauro, que volvía de novos ós terreos de xogo aínda que non puido debutar por culpa das lesións, e agora co seu traslado a Santander non imos poder contar con él.

 
  • QPC: Cal é a seña de identidade do teu equipo? Que selo lle intenta dar Pedro Gómez? A que xoga o teu equipo?

Pois os meus equipos creo que co paso dos anos xa son bastante recoñecibles. Sempre queremos levar o peso do xogo, ser protagonistas, e sobre todo dominar os partidos co balón e ca presión. Para eso adestramos e o importante é que en tódolos equipos que estiven, os xogadores sempre creron neste modelo de xogo, senón non funcionaría.

 
  • QPC: Que atopas no Soneira a nivel club, despois do teu paso por un equipo como Baio, polo Bergan ou polo San Lorenzo?

No Soneira o que atopei dende o primeiro momento en que cheguei foi confianza, e eso no fútbol é o máis importante. que sepan valorar o teu traballo independentemente dos resultados non é fácilde atopar. Por eso esta sempre foi a miña primeira opción. Facilitan todo o meu traballo, e ca axudade xente coma Pichón, que ademais de ser axudante, é adestrador dos xuvenís e directivo, todo é máis sinxelo. Ademais o apoio dos xogadores sempre estivo aí, nos bos e nos malos momentos. Todo este cómputo fai que a miña estancia en Vimianzo me dea esta estabilidade, tan rara de ver no fútbol.

 
  • QPC: En todo caso Verdillo, pódese dicir que é a túa casa, non?

En Verdillo pasei os meus mellores anos, xa non só co relacionado co fútbol. Alí xoguei 7 anos e foi onde me retirei. Despois adestrei dous anos e penso que foi onde máis disfrutei e onde mellor fútbol practicamos. E despois creo que 10 anos xogando nos Veteranos, fai que pasara máis de media vida en Verdillo. Ademais alí teño moitas das miñas mellores amizades, que ó final é o que queda. De feito a moita xente lle parece que son de Verdillo.

 
  • QPC: Que che aportou como experiencia pasar polo Bergan e que aprendiches dun adestrador tan ben considerado Javi Lavandeira?

No Bergantiños foi onde comecei a utilizar a metodoloxía de adestramentos que emprego, que para min é o máis importante. Os rondos, as posesións, os xogos de posición, ... eran moi vistosos á hora de utilizalos con infantís e cadetes e parecía que só se podían quedar aí. Despois, ca chegada de Lavandeira para o primeiro equipo, pediume que fora con el de segundo. Seguimos empregando esa mesma metodoloxía. Foi unha aprendizaxe continúa, rompéndose a cabeza diseñando tarefas e máis tarefas. Penso que tíñamos visións distintas do que era o fútbol, pero na maneira de traballar disfruteino moito e penso que os xogadores igual.

 
  • QPC: Cal é o obxectivo real deste equipo?

O obxectivo real, como digo„ sempre é facer un equipo competitivo en calquera campo e en calquera partido, para despois ir crecendo e poder aspirar a cousas importantes. que as cousas que pasen nun partido dependan de nós e non do rival, así é como conseguiremos gañar en confianza. Temos as nosas limitacións e trataremos de sobrepoñernos a elas. O tempo dirá si estamos en disposición de loitar polo título. Polo de agora pasiño a pasiño porque aínda non levamos nin dous meses de competición.

 

Santi Cambón, adestrador do San Lorenzo

Santi Cambon nas Escolas Luis Calvo

 
  • QPC: Como é a túa carreira como futbolista? e Como adestrador? É a túa primeira experiencia cun equipo sénior?

A miña carreira como futbolista foi moi bonita, na que fixen moitos amigos é coñecin xente marabillosa. Xoguei en case todas as categorías dende 3ª división e Preferente ata 1ª e 2ª rexional.

Como adestrador empecei no Bergantiños como segundo entrenador de Gueli (excelente entrenador que agora estrena o equipo femenino do Bergantiños) o mes de empezar. Agustín Costa (director deportivo da época do Bergantiños), ofréceme entrear o Bergantiños infantil e dende aquí votei entrenando por case todas as categorías de equipos base tanto do Bergantiños como das Escolas Calvo. A miña primeira experiencia nun equipo senior é este ano e só levo uns meses entrenando a cal me parece muy produtiva porque estou aprendendo moito tanto dos meus xogadores, do meu corpo técnico, dos adestradores e xogadores rivales… Pero tamén me gustaría resaltar a figura de Manolo Bardanca, un ex adestrador meu que marcou moito como xogador e tamén agora como adestrador.

 
  • QPC: Que che aportou como experiencia pasar polo Bergan?

O meu paso polo Bergantiños aportoume todo, o que son como entrenador e moito de como son como persoa. Apotáronme formación, valores tanto de xogador como de adestrador, e gustaríame destacar a tres personas en especial de esa época que son: Agustín Costa por darme a primeira oportunidad de poder ser adestrador, a Ricardo Pena (delegado e hoxe no San Lorenzo segundo adestrador), do cal aprendín moito e me segue ensinando; e tamén a Juan Lorenzo (magnífico directivo do Bergantiños), persoa que me aportou moito e deses directivos en perigo de extinción que saben de fútbol.

 
  • QPC: Sorpréndeche a vosa situación tan arriba na táboa? Onde están as razóns para este espectacular inicio deste equipo tan noviño?

Non me sorprende pero é verdade que o equipo é moi xoven e tamén que nos marcharon xogadores, pero viñeron outros con moitas galas e ademais este equipo é moi xoven no DNI pero a maioria dos xogadores son moi maduros e responsables.
As razóns para min están claras, teño a sorte de adestrar xogadores de moita calidade, novos, con gañas de aprender e sobre todo o que máis me sorprende é a ambición que teñen. E despois tamen inflúe o traballo que levamos feito tanto de pretemporada como dende que comezou a Liga.

 
  • QPC: Cal é a seña de identidade do teu equipo? Que selo lle intenta dar Santi Cambón? A que xoga o teu equipo?

Os meus equipos caracterízanse por ser organizados, moi intensos, con roles moi claros e dun ritmo de partido alto. Eu como adestrador e como todos os adestradores temos moi claro como xogaría o noso equipo en circunstancias ideais pero a realidade que nos encontramos cada domingo é diferente. Nós, este ano somos un equipo algo camaleónico, dependendo de onde e contra quen, xogamos dunha manera ou de outra.

 
  • QPC: Que supón a desaparición do equipo xuvenil? Cres que podería aportar moito a este equipo?

Para min foi un trauma, estou seguro de que aportarían moito, ademais temos o exemplo do ano pasado que quedaron 4 xogadores xuvenís no equipo.

 
  • QPC: Que diferencias atopas entre o fútbol base e o sénior?

O futbol é todo igual, o que cambia son os criterios de evaluación, os obxetivos de entrenamiento e tamén un pouco a dirección de equipo.

 
  • QPC: Que encontraches no San Lorenzo tanto a nivel futbolístico como directivo?

A nivel futbolístico encontreime cunha remesa de xogadores cun talento incríble, moi humildes e que son unha piña, ainda que lles faltaba un pouco de cultura deportiva que pouco a pouco imos mellorando.
E a nivel directiva encontreime unha directiva moi traballadora, cada un na súa faceta. Cos que teño case trato diario e con Alex Puñal (director deportivo) e Marta García (delegada). Resaltar dende aquí un pouco as súas figuras porque ademais de ser moi novos, dedícanlle moito do seu tempo libre o club, para que os xogadores e corpo técnico poidamos facer o que nos gusta, nunhas condicions inmellorables. Tamén resaltar á presidenta que está todos os domingos en taquilla, a Sara e Noelia que están na cantina e tamén me gustaría resaltar a figura de Rubén, un amigo dos xogadores que todos os domingos de partido dá o grito antes de saír o campo.
Conto todo isto porque me parece que ten influencia nos resultados positivos que estamos tendo.

 
  • QPC: Que che parece esta Liga da Costa?

Pareceme unha liga moi competitiva, que leva moita xente os campos e que se vive moito a nivel afeccionado pola gran sentimento que teñen polo seu club.

 
  • QPC: Que equipos cres que van estar arriba?

Eu son novato na Liga e polo que din os adestradores que le van máis tempo na categoría, son: Corme, Ponteceso, Muxia, aínda que penso que nós se seguimos traballando moito e crecendo como equipo tamén podríamos estar.

 
  • QPC: Cal é o obxectivo real deste equipo?

O obxectivo real, non te vou enganar, é a salvación, pero tamén che digo que somos un equipo xoven e con moita marxen de mellora.

&Nbsp;

Novas relacionadas

Comentarios