Venres. 26.04.2024
El tiempo

Dúas prórrogas para empezar a Copa da Costa ​

Ponteno-Oza na Grixa na CopadaCosta
Imaxe do Porteño-Oza na Grixa
Dúas prórrogas para empezar a Copa da Costa ​

Auténtico sabor a Fútbol da Costa tiveron os dous choques da previa da Copa da Costa 2023. Espectaculares ambientes na Grixa e no Pinguel para disfrutar de dúas prórrogas e moita emoción.

Porteño - Oza (7-5)*

  • Porteño: Mariolo, Marcos (Kevin, m.80), Pejo, Vicente, Rodri, Joseba (Brais, m.70), Nico (Ángel m.55), Juan oVello, Adrián (Edgar, m.75), Martín (Carrabete, m.65) e Alan.
  • Oza: Nacho, Casais, Alex Bilounga, Vilariño, Alex Martínez, Alberto (Iago Rodriguez), Lavandeira, Pace, Nico, Dani Iglesias e Edu.
  • Goles: 1-0, m.4: Alan de cabeza a centro de Juan; 2-0, m.12: Alan a centro de Juan; 3-0, m.26: Juan oVello tras unha xogada de Joseba e Alan; 3-1, m.42: Casais; 3-2, m.43: Edu; 4-2, m.44: Martín tras unha xogada entre Adrián e Alan; 4-3, m.49: Edu; 4-4, m.52: Edu; 5-4, m.69: Juan oVello; 5-5, m.95: Casais; 6-5, m.110: Alan de falta; 7-5, m.115: Edgar.

Menudo partidazo o vivido na Grixa, inmellorable para o espectador, limpo, e que ben puido caer de calquera lado. Saíron como avións os locais, a pesar de levar un mes sen competir, e se adiantaban cun claro 3-0 con dous de Alan e 1 de Juan oVello, dous grandes dominadores do xogo na primeira metade xunto con Adrián. Pero dous goles antes do descanso meteron ao Oza no partido.

Saía mellor o cadro carballés na segunda, que conseguía empatar o partido cos tantosd e Edu. Pero o Porteño non se agochaba e no ecuador se metía de novo por diante. Meteuse atrás o cadro local e o Oza comezou a percutir de novo, e no longo desconto pola lesión de Nico, Casais empataba xa co asubío final.

Tempo de prórroga. E o partido puido caer de calquera lado. De feito, na primeira metade, Cristian Pace mandou un penalti ás nubes. Xa coa segunda parte do tempo engadido comezado, Alan sacou a varita e marcou de falta. O cadro da Ponte meteuse atrás e conseguiu manter e mesmo ampliar o resultado e pechar este partido de tolos.

Ponteceso - Corme (2-1)*

  • Ponteceso: Damián, Cote, Eloy Trigo, Juan Rey, Pedro, Hadrián, Ángel, Luca, David Castro, Alberto Recarey e Charro. Tamén: Álvaro, Jose, Iván Rey, Martín Puente e Pablo Vázquez.
  • Corme: Quique, Jesús, Aitor, Brais Pailos, Eloy Villar, Borja Torrado, Lucas, Miguel, Isra, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Adrián, Brais Pombo, Laik, Hugo e Teo.
  • Goles: 0-1, m.47: Alejo; 1-1, m.52: Charro de cabeza; 2-1, m.115: Luca tras unha gran combinación con Recarey.
Ambiente no Pinguel
Ambientazo no Pinguel

Partidazo de poder a poder de moita intensidade, cun Ponteceso que empezou mellor, máis dominador e con algunha ocasión máis. Pero co paso dos minutos os cormeláns foron igualando, con claras ocasións para os dous equipos. As boas accións de Damián e Quique nas porterías impediron que se abrise o marcador.

Arrincaba a segunda metade co gol de Alejo tras unha xogada. Pablo Mallón perdía ademais a Eloy Trigo e a Dani, pero tras un cambio de sistema volveu mandar. Alberto Recarey avisaba por partida doble, e Luca, pero foi nun gol pantasma nun remate de Charro o que metía o empate.

Prórroga, coa mesma tónica cun cadro pontecesán que seguía sendo superior, pero non conseguía superar. Si o fixo Luca tras unha gran xogada con Recarey, con aínda 6 minutos no marcador, nos que o Corme deu un paso adiante e fixo 3 ocasións para ter empatado. Se ben Iván tamén tivo unha contra para sentenciar, o marcador non se movería e o pase foi para os de Pablo Mallón

Máis info

Comentarios