Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O Dumbría afiánzase nas Ligas Galegas

O Dumbría afiánzase nas Ligas Galegas

Tralo primeiro terzo da liga disputado, os dous únicos equipos do fútbol base costeiro en Ligas Autonómicas, afrontan importantes retos. Se os Xuvenís están situados na zona morna da táboa, sen demasiado perigo, os Cadetes esperan mellorar a tendencia para saír do pozo. As dúas últimas vitorias dan moitas esperanzas aos Cadetes, que pelexarán para manter a categoría.

Xuvenís do Dumbría

DUMBRIA xuvenil 2019.2020

O equipo Xuvenil está dirixido por Jose Manuel Pastoriza Paz, acompañado por Pablo Paz Santiago. Pastoriza recoñece que “o equipo aínda está collendo o ritmo a competicion, de momento estamos no bo camiño”. En todo caso, é consciente de que “a liga está moi igualada, e semana tras semana vense resultados inesperados... podes ganar ou perder con calquera”.

É un equipo aínda moi novo, con só 3 xogadores de último ano, e con moitas caras novas polo que “o obxectivo principal é a permanencia nesta gategoría tan competitiva, para o que esperamos poder chegar aos 40 ptos”.

Pensan aínda na necesidade de reforzar o equipo en algunha posición, pero entende que “a nosa zona non e fácil encontrar xogadores que dean e que queiran estar a un nivel de esixencia maior que a liga comarcal, pero o noso coordinador Óscar Leis ,está traballando nesa búsqueda de reforzos, esperamos ter resultados pronto”.

O plantel é o seguinte:
“Rubén” Carnero; “Sergio” Nemiña, Alejandro “Díaz”, “Anxo” Pose Baliña, “Lucas” Toba, “Ángel” Antelo Riveiro, “Dani” González Chao, “Iván Escarís”, “Xan” Insua Miñones, Alejandro “Sendón” Lago, “Rui” Gabriel Gomes, “Berto” Fandiño, “Moi” García Pedrosa, “Brais” Martínez, “Diego” Estevez, “Miguel” Trillo, “Jony” Martínez Rodríguez, ”Adri” Canosa”, e Ángel Vigo “Golpes”.

  • Baixas: Brais Tajes, Brais Fernandez, Samu Castro, Dylan, Mouzo, Esteban, Mario, Sergio, Gusa, Carlos, Isma, Lucas Carballo e Samu Quintáns.
  • Altas:
    - Procedentes dos cadetes do CF Dumbría: Rubén, Sergio Nemiña, Alejandro Diaz, Anxo Pose, Lucas Toba, Angel Antelo, Dani Chao.
    - Procedentes doutros equipos ou inactivos: Iván Escarís, Rui Gomes, Moisés García, Miguel Trillo, Angel Vigo “Golpes”.

Os Cadetes do Dumbría

dumbria cadete 2019-2020

É Martín Vecino o adestrador do cadro cadete, coa axuda do dumbriés Cristian Lago, equipo aínda en fase de adaptación á categoría. “Sempre esperas empezar ben e puntuando, pero sinceramente sabíamos que este ano ía ser difícil e a nosa meta é a salvación, e, por suposto que os rapaces sigan crecendo”.

E todo explícase porque apenas quedan 4 xogadores do equipo cadete do ano pasado (o porteiro Nil, o central Martín, o medio Borja e o lateral Nico). A meirande parte son rapaces de primeiro ano, moitos que proceden da 1ª comarcal Infantil, polo que toca “seguir traballando e crecer coa competición”, explica Vecino.

Así, recén subidos do infantil dumbriés están Carlos Costa (Dumbria), Sandro (Muxia), Martin Gonzalez (Ponte do Porto), Iván (Camariñas), Manu Arias (Baíñas), Liñeiro (Muxía), Leo (Dumbría).

Chegaron doutros equipos: Kevin (Muxía), David (Santa Comba), Guille (Zas), Sergio Santos (Zas), Alex (Muxía), Sergio (Camariñas), Alfredo (Camariñas), Brais (Muros).

Queda moita Liga e as opcións de salvar a categoría están intactas, máis despois das últimas dúas vitorias consecutivas colleitadas contra rivais directos. 

Comentarios