Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Dumbría Cadete consegue batir ao Deportivo que chegaba invicto ao Conco

Dumbria cadete tras vencer ao Deportivo
Así celebraron os dumbrieses a vitoria co Depor
O Dumbría Cadete consegue batir ao Deportivo que chegaba invicto ao Conco

Espectacular o que conseguía este sábado o Dumbría na Liga Galefga Cadete. O equipo de Martín Vecino e Cristian Lago endosaba a súa primeira derrota a todo un RC Deportivo, que chegaba ao Conco como líder invicto. Os dumbrieses, despois dun comezo titubeante, suman 5 vitorias consecutivas e xa se atopan na zona media da táboa.

Liga Galega Cadete, xornada 16

  • Resultado: Dumbría - Deportibo (3-2)
  • Dumbría: Santos (Nil); Álex Sánchez, Guille, Martín, Manu Arias; Marlown (Liñeiro), Borja, Carlos Costa, Alfredo; David (Sandro) e Brais (Sergio).
  • Goles: 1-0, m.11: Marlown; 2-0, m.18: Alfredo; 2-1, m.25; 2-2, m.35; 3-2, m.90: Sandro.

Arrancou o Dumbria moi forte e nos primeiros 25 minutos só hubo un equipo sobre o campo, o local. Neses compases gozaría de innumerables ocasións, dous balons o pau, dous mans a mans e dous goles que facían xustiza. Rozou o 3-0 o equipo de Vecino pero no minuto 25 no primeiro achegamento do Depor un desaxuste defensivo permitiría os da Coruña recortar distancias, ese gol fixolle dano os da Costa da Morte e o equipo visitante empezou a encontrarse mais cómodo, fruto de ese dominio no minuto 34 nunha acción a balón parado lograron igualar o marcador. De aí o descanso os locais sufrirón pero defenderonse con orde.

Tras o descanso o Depor fíxose co balón e moveuno con criterio pero sen grandes ocasións. O Dumbría buscou roubar e contragolpear, David, Marlown e Alfredo rondaron o gol, e Martín nunha falta sacada por Alfredo puido marcar o 3-2. Os viistantes arriscanaba na busca do gol do triunfo pero unhas veces a contundente defensa local e outras Nil coas súas paradas solventaron ben as poucas ocasións visitantes.

Quen si foi capaz de acertar co gol foi Sandro, no último minuto do tempo reglamentario recibiu dentro da área rodeado de defensas, xirou e executou un disparo raso pegado o pau imposible para o porteiro visitante. Con 4 minutos de desconto por diante os locais defenderon o resultado e lograron tumbar o líder invicto nun Conco que disfrutou do bo facer do seu equipo.

Vitoria habitual

Vitoria de moito mérito a conseguida por este Dumbría, nunha convocatoria formada por 8 xogadores de primeiro ano e outros 8 de segundo. Como dicimos, o equipo de Vecino e Cris suma o seu quinto triunfo consecutiv,o o cal demostra que os rapaces van colléndolle o ritmo a competición. Unha plantilla na cal a maioria dos rapaces debutaron esta tempada na Liga Galega e iso fixo que o inicio non fose moi positivo en canto a resultados, aínda que si en sensacións, que pouco a pouco se van transformando tamén en puntos.

Tras moitos anos en Ligas Galegas o Conco estase a convertir nun campo complicado para as mellores canteiras de Galicia. Non é esta a primeira derrota do Deportivo en canto a categorías inferiores. Cómpre recordar que aquel histórico ascenso a Division de Honra dos rapaces de Lobelos e Leis logrouse tras un triunfo ante o Deportivo por 2-1 na penúltima xornada dunha tempada espectacular na que tras debutar en Liga Galega acabaría encadeando dous ascensos consecutivos para chegar ata a máxima categoría cadete do fútbol.

Novas relacionadas

Comentarios