Duro varapao para Xallas e Dumbría nunha completa xornada de Fútbol costeiro
- As táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- As Copas e as Fases de ascenso en www.copadacosta.com.

Domingo fatal nesta última xornada da 1ª Galicia. O empate do Xallas en Ribeira e a vitoria do Dumbría en Esteiro non serviu para nada. Os dous equipos quedan fóra da promoción polas vitorias de Flavia e Lalín, deixando ademais máis tocado ao cadro esteirán. Ademais, o Baio non pasou do empate en Mazaricos e tampouco suma, ambos coa única esperanza de que os novos cambios na 3ª RFEF eviten algún arrastre…
Tamén rematou a 2ª Div. Feminina, e o fixo o sábado cun fermosísimo derbi no Cairo entre Corme e Ponteceso, toda unha demostración de festa do fútbol. No Gr. Sur, derrota do Xallas ante o campión, que non empaña o seu temporadón, que buscará culminar na fase de ascenso tamén co Cee e Dumbría.
Copas da Costa
Arrincou a Copa da Costa con dúas prórrogas na Previa, e o fíxo na Grixa, cun toleiro 6-5 na prórroga que dá acceso ao Porteño ante o Oza, e outra mirada a Ponteceso, onde o derbi co Corme empezou as 19:00h e acabou tamén en prórroga vitoria local.
Xa temos finalísimas das Copa da Costa Xuvenil e Cadete trala disputa esta tarde das semis.

En Xuvenís o Sofán superou ao Fisterra mentres que o Xallas fixo o propio co Cabana.
A final Sofán.-Xallas xogarase o sábado 20 ás 18:00h en Arliña (Muxía).
Mentres, en Cadetes, o Xallas puido co Cerqueda e o Outes non foi opción ao Ponteceso.
A final da Copa da Costa Cadete será pois Xallas - Outes e se disputará o domingo 21 ás 11:00h no Xosé Luís Vara de Esteiro.
Ademais, en Veteranos, xa temos Cuartos de final.
Máis info
- As táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- As Copas e as Fases de ascenso en www.copadacosta.com.