Venres. 19.04.2024
El tiempo

Emoción e bo fútbol nos últimos torneos de verán

Homenaxe a Jano e Naso en Muros-Foto-Xose Sendon
Moi emotiva na homenaxe a Jano e Naso en Muros-Foto-Xose Sendon
Emoción e bo fútbol nos últimos torneos de verán

Vai rematando o verán e xa cheira a fútbol de verdade. Ademais do comezo da Preferente, varios equipos da bisbarra viviron torneos estivais.

O máis emotivo viviuse no Eleuterio Balayo (que sufrirá unha remodelación ao longo do curso), onde CD Muros e Esteirana celebraban unha nova edición do seu Partido Homenaxe a Jano e Naso, aquel par de rapaces que falecían nun accidente de coche aló por 2008. A entrega floral ás familias fixo que afeccionados e xogadores non puidesen controlar as bágoas, demostrando ademais a profunda amizade que une a xogadores dun e doutro equipo, que compartiron vestiario cos homenaxeados.

No deportivo, o cadro celeste vendeu ao blaugrana por 4-2, e houbo ademais unha gran recadación de alimentos en favor de Cáritas.

Capis do Muros e Esteirana na homenaxe a Jano e Naso-Foto-Xose Sendon

Trofeo en Camariñas

O Muxia ganador do Trofeo de Camarinas
O Muxía vencedor en Camariñas

O novo Muxía de Leis e Lobelos foi o gañador do trofeo Un mar de Fútbol, vencendo por 1-3 ao Camariñas organizador do torneo, con 2 goles de Isma e 1 Toja, para superar o gol de Soule de penalti.

Morino recibindo o segundo posto do Trofeo Camarinas
Moriño recollendo o trofeo ao segundo clasificado

O Baíñas vence o Triangular Concello de Vimianzo

O Baíñas proclamouse flamante vencedor do I Triangular Concello de Vimianzo, despois de vencer 1-0 ao Castrelo e 1-3 a todo un Soneira. Foi vibrante o partido entre blancos e verdiamarelos. Babacar Fall foi un dos grandes protagonistas do choque, materializando con dous goles (un dende os 11 metros) a aposta ofensiva dos adestradores Jose Barca e Curro Marcos. Abel marcaba o segundo para o delirio da bancada do equipo que volve presidir Juan Silva, que volve soñar con facer cousas grandes esta campaña.

O Bainas venceu do Triangular Concello de Vimianzo

O Dumbría campión na casa

Dumbrieses con Pablo COnde

O Dumbría quedou campión do Trofeo Concello de Dumbría ao vencer 2-1 ao Club do Mar. Boa posta de longo para os de Pablo Conde cos tantos de Yuyo e Charli.

Dumbria neste comezo de curso 2019-2020

Torneo emotivo en Ameixenda

O próximo sábado 31, as 18:00 horas, a S.D. Ameixenda e un conxunto de "Amigos de Bruno" xogarán un partuido para rendirlle unha pequena homenaxe a Bruno Castro, falecido fai uns meses en accidente.

Amigos de Bruno do Ameixenda

 

Novas relacionadas

Comentarios