Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Preferente: Dispares resultados para o comezo de liga

O Sofán solventou o choque no Carral ante o At. Coruña. Na Foto de Luís González vemos ao cabanés do conxunto herculino Pedrito driblando ante a defensa sofanista
O Sofán solventou o choque no Carral ante o At. Coruña. Na Foto de Luís González vemos ao cabanés do conxunto herculino Pedrito driblando ante a defensa sofanista
Preferente: Dispares resultados para o comezo de liga

Acabaron os preparativos. O balón botou a rodar, e a competición ligueira xa non deixa reféns. Os tres equipos costeiros nesta Preferente Norte xa disputaron a súa primeira xornada, deixando un comezo alentador para o Sofán, que conseguía unha cómoda vitoria; un comezo esperanzador para un Fisterra que xogou cara a cara ante todo un Laracha, mesmo cun home menos; e un comezo algo dubitativo para un Xallas que pagou o desgaste físico dunha boa primeira metade.

Fisterra - Laracha (1-1)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Aarón Fdez., Piti, Aarón López, Andrés Vigo, Herbert, Julián López, Jesús, Capelo, Adrián Makaay. Tamén: Jorge, Pablo Lestón, Aarón Lobelos, Daniel Martínez, Julito.
  • Goles: 0-1, min.7: Denis López; 1-1, m.34: Capelo.
  • Expulsión: Aarón López (m.55).

Fisterra debuta en Preferente en Ara Solis

Volvía o fútbol de Preferente a Ara Solis, e a afección, por suposto, non deixou de demostrar o seu poder. O Fisterra de Ángel López xogou de ti a ti con todo un Laracha, demostrando que a categoría non queda, nin moito menos, grande.

Empezaba o choque cunha clásutica ocasión que Makaay non era capaz de materializar, pero o balón era bicolor e o cadro local só podía dedicarse a defender. Pronto marchaba o conxunto bergantiñán, tras un erro na saída de balón (cada erro págase caro na categoría), pero pouco a pouco o Fisterra ía conseguindo superar liñas. A 10 do descanso, Capelo faría o empate.

A segunda comezaba co protagonismo arbitral e unha rigorosa expulsión de Aarón López que deixaría ao cadro fisterrán con 10 para máis de media hora. Non pasou o mesmo coa agresión que sufría Pablo Lestón, que non valeu nin unha amonestación para a colexiada; nin unha entrada por detrás a Julián.

Os últimos minutos, a pesar de estar cun menos, o Fisterra foi mellor, e tivo nun par de accións (un córner directo de Herbert, e un tiro á cruceta de Makaay) a vitoria.

 

Sofán - At. Coruña-Monteañeros (3-1)

Primeiro once do Sofan na temporada 2019-2020-Foto-Luis GOnzalez
Primeiro once do Sofan na temporada 2019-2020-Foto-Luís González

  • Sofán: Álex López, Rubén, Diego, Será, Viqui; Canedo, Eibe, Martín, Fabián, Matías e Raúl. Tamén: Brais, Raúl Añón, Jonathan Fraga, Adrián Quintale a Pablo Carro.
  • Goles: 0-1, m.4: Hugo Criado recolle o rexeite do posto a unha falta; 1-1, m.8: Eibe; 2-1, m.34: Martín; 3-1, m.87: Eibe.

Capis e trio arbitral do Sofan-Monteaneros-Foto-Luis Gonzalez
Raúl, eterno capitán sofanista, co trío arbitral e o capi herculino-Foto-Luís González

Saía durmido o cadro de Alberto Rodríguez a un Carral co habitual ambientazo. Pero o gol dos visitantes espertouno e non tardaron 5 minutos e coller o mando e empatar. Foi Eibe o que o facía cunha fermosa falta sufrida ao borde da área polo eterno capitán Raúl.

Sentíase máis cómodo o cadro local e Matías gañáballe a partida a Cardelle pola banda. Nunha desas chegadas chegaría o 2-1, gracias ao bo cabezazo de Martín ao centro do propio extremo.

Xa na segunda metade, a entrada de Quique Cubas fixo que os herculinos tivesen máis profundidade, pero a defensa local estaba moi segura. Foi un segundo tempo de moito xogo no medio campo, moitas imprecisións e poucas chegadas, e só no treito ginal, Eibe supera nunha contra a Bugy, porteiro carballés que volvía ao Carral, para o que este era, sen dúbida, un partido especial.

Homenaxes no CarralO Carral rendeu homenaxe a Iván Cancela, Adrián Varela, Rubén Sánchez e Sito-Foto-Luís González 

Residencia - Xallas (2-0)

  • Xallas: Julián, Jacobo Lois, Santi, Loureiro, Pablo Mato, Borja, Marcos Martínez, Marquitos, Asier, Juan Caamaño, Cristian Caamaño. Tamén: Álvaro, Carlos Rieiro, Álex Blanco, Adrián López e Lagoa.
  • Goles: 1-0, m.70: Juan Bautista; 2-0, m.83: Iago Alonso.

Primeira convocatoria do Xallas 2019-2020 copia

Partido difícil para o novo Xallas de Adrián Lema. A primeira metade estivo igualada e só o cadro local puido achegarse á meta de Julián tras un par de imprecisións. Na área contraria tamén tiveron os xalleiros dúas boas chegadas, pero sen sorte.

O gran desgaste físico pasou factura nos últimos 20 minutos, sobre todo tralo gol dos locais, que chegaba tras unha falta lateral e que supuxo un golpe do que os verdes non se repuxeron. O segundo xa foi nos minutos finais.

 

Todas as clasificacións e resultados en www.futboldacosta.com

Comentarios