Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Esa Copa a modo de Europa League

Esa Copa a modo de Europa League
O torneo do KO, historia e orgullo da Costa, crúzase cada vez máis coa realidade e a capacidade de fondo de armario de moitos dos seus participantes, que en moitos casos lémbrase dela segundo van pasando as roldas Muxía e Ponteceso xogan un dos partidos máis atractivos - Foto: Puenteceso SD Se hai un elemento para vender alén das fronteiras propias o balompé da Costa da Morte ese ten sido tradicionalmente a súa Copa, romaría multitudinaria na celebración da final e mesmo obxecto de fichaxes específicas de moitos dos seus participantes. Por outra banda, a realidade actual e un calendario de dubidosa capacidade de resposta a tódalas necesidades veñen de erosionar parte da pasión que resulta noutros casos. Un exemplo é a actual xornada partida/intensiva. A ida dos oitavos, celebrada o Día das Letras Galegas, ven de amosar en varios conxuntos convocatorias de doce ou trece homes, ou onces iniciais radicalmente opostos ao ideal que un recitaría de memoria. Nuns casos polo cansancio psicolóxico que ten causado a competición da regularidade, noutros por cansancio e nalgúns por incapacidade de reunir máis xogadores, a Copa empeza a lembrar á Europa League no sentido de que vale se a ganas… ou acórdaste dela se estás en cuartos de final. O caso é que o sábado comeza a volta desa rolda de oitavos con dous encontros significativos: o Camariñas-San Lorenzo, con sorpresa nas Pedreiras, ven condicionado porque ao día seguinte os carballeses comezan a promoción de ascenso a Primeira. Será en Reis contra o Praíña, conxunto dunha parroquia de menos de 150 habitantes e que a base de inversión ten escalado moito na zona de Santiago. Pola súa banda, o Camariñas, co flamante Míchel unido a Luigi, quen sabe onde pode chegar no torneo do KO. En Pino do Val formarán Mazaricos e Fisterra, tralo empate sen goles do pasado mércores e con Chenel mancado nuns e moitas baixas noutros. Para o domingo quedan solucionadas as eliminatorias Dumbría-Nantón (4-1), Esteirana-Malpica (1-5) ou Cabana-Baíñas (2-6), de tal modo de que as únicas interrogantes abertas pasan pola capacidade de remontada do Zas ante o Cerqueda ou do nivel que poderá amosar de novo o Muxía, campión de Terceira, ante o Ponteceso (1-1 na ida). Tamén o que pasará pola Grixa co Porteño-Baio (0-2). E mentres tanto en Preferente ao Soneira aínda lle quedan dous encontros para tentar recuperar catro puntos e catro postos na táboa. Difícil será a saída a Viveiro, para medirse a un rival que non xoga nada, e pelexar contra unha viaxe tediosa. A Copa, ese monumento ao que hai que darlle uns retoques…

Copa da Costa, Volta dos Oitavos

 

PreferenteNorte, xornada 36

 

FasedeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 33

LigaGalega Cadete, xornada 33

LigaGalega Infantil, xornada 33

 

CopadaCosta Cadete, ida das semis

CopadaCosta Infantil, ida dos Cuartos

 

CopadaCosta de F8

En www.copadacosta.com  

CopadaCosta de Veteranos

 

Máisinformación

     

Comentarios