Bruno Méndez, a voz arbitral na retransmisión da final da Copa da da Costa polo Youtube de QPC
14:11 22/05/26
Ilusionados estamos con recuperar a tele de Quepasanacosta este domingo na retransmisión da final da Copa da Costa 2026. Óscar Leis e Alberto Pose estarán ao mando dunha retransmisión a través da canle de Youtube de Quepasanacosta, contando ademais coa aportación arbitral de Bruno Méndez, un dos colexiados máis veteranos e experimentados da nosa Delegación.
A partir das 17:30h estaremos no aire dende o Campo Irmandiño para coñecer quen é o novo campión da Copa da Costa, se o Muxía ou o Malpica, contando tamén en paralelo o ascenso do Dépor en Valladolid.
